|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe despediuse do IES de Chapela o noso compañeiro e profesor de Xeografía e Historia, Xoán Carlos Abad Gallego. Logo de moitos anos dedicados á docencia, dos que vinte e oito o foron no IES de Chapela, cruzou a porta coa súa mascarilla e a cabeza ben alta. Alta pola súa talla, e polo labor desenvolvido no centro durante tantos anos. Recordamos a Xoán Carlos transitar polos corredores do instituto portando mapas que semellaban lanzas e que facían que a súa alta e delgada figura semellase á dun Don Quixote da docencia. Marchou como o coñecemos, tranquilo, sorrinte e afable, seguro que disposto a seguir investigando sen tregua sobre a nosa historia que coñece coma ninguén. As nosas portas sempre estarán abertas. Botarémoste de menos, compañeiro. |
|
|
|
|
|
|
|