Dende a ANPA IES CHAPELA facemos público o comunicado remitido polo equipo directivo do IES Chapela, que resulta de interese para aquelas familias que non teñen axudas da Consellería para mercar libros: "Proximamente imos repartir ao alumnado a nota que se achega para aquelas familias que queiran doar os libros que mercaron. A idea é que eses libros se garden nos departamentos correspondentes para cubrir necesidades de alumnado que non ten opción ás axudas da Consellería para mercar libros (fondo libros) os vindeiros cursos. Por unha banda , aclarar que isto é unha doazón voluntaria das familias , e que nada ten que ver coa obrigatoriedade de devolver os libros que se lle prestaron aos que si teñen axuda da Consellería de fondo libros.
|
|||||||