Estimadas familias:
Dende o ANPA IES Chapela estamos a organizar unha saída ao parque acuático de “AMARANTE” (PORTUGAL) o día 20 de xuño (festivo no concello de Redondela) e por tanto non lectivo no Instituto. Poden participar na saída os/as alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e Bacharelato. O custo da excursión (viaxe + entrada parque acuático): Socios/as 14 € Non Socios/as 22,50 €
Horario de saída: 9:30 h desde o pavillón de Chapela. Estaremos de volta sobre as 21:30 h. no mesmo sitio de saída. IMPORTANTE: Todos/as os/as menores de idade terán que levar unha autorización da policía e o D.N.I. O autobús conta con 55 prazas e completarase por orde de inscrición. Para calquera aclaración poden poñerse en contacto co ANPA no correo electrónico anpa.ieschapela@gmail.com ou no número de teléfono 695483551 (Bea). O prazo para inscribirse finaliza o venres 14 de xuño. De non cubrirse a totalidade das prazas avisarase da suspensión da saída. No primeiro recreo do xoves 13 e o venres 14 de xuño recollerase o diñeiro e autorizacións da policía. Os/as nenos/as deberán levar crema solar, chanclas, comida e merenda. No parque acuático existe buffet pero os prezos son excesivos. Un saúdo ANPA IES CHAPELA
................................................................................................................................................... FICHA DE INSCRICIÓN (entregar na conserxería do Instituto) NOME E APELIDOS DO/A ALUMNO/A......................................................................................... NOME E APELIDO PAI/NAI................................................................................................... Tlfno:....................................................................................................................................
|
|||