|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os días 25 e 26 de xaneiro, arredor de 100 alumnas e alumnos de 2º ESO e 3º ESO, asistiron ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto Todo é percusión, interpretado polo dúo de percusión Dúas acompañado de dúas bailarinas de arte contemporánea, Exire. Dúas e Exire ofrecéronos unha selección de temas nos que xuntaron danza e percusión nunha perfecta simbiose que pretendía amosar os ritmos vitais que nos acompañan día e día. Deixámosvos un enlace onde podedes ver íntegro o espectáculo Todo é percusión. O Departamento de Música agradece o apoio da ANPA e o do propio IES Chapela para costear o transporte ata Santiago, ademais da participación na saída das profesoras Carolina e Ana Belén. |
|
|
|
|
|
|
|