|
|
|
|
|
|
Continúa o ciclo de conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE que se desenvolverá ao longo do curso 2017/18 no IES Chapela e que se iniciou o 4 de decembro do pasado ano. Hoxe, 15 de xaneiro de 2018, o alumnado de Dietética puido asistir á segunda charla do ciclo. Nesta ocasión o tema presentado xirou en torno á Nutrición infantil, e foi impartido pola nutricionista Natalia Albino Quirós e a dietista Patricia Dios Coto. Ambas as dúas profesionais formáronse no IES Chapela. |
|
|
|
|
|
|
|