Dentro dos actos de conmemoración do 10º aniversario do Observatorio Astronómico de Forcarei, os corredores do noso centro acollen estes días a exposición divulgativa itinerante sobre o satélite GAIA da Axencia Espacial Europea titulada Mil millóns de estrelas para mil millóns de ollos. Nela móstrase, a través de diferentes paneis, as propostas de distintos científicos europeos para medir as posicións, as distancias e movementos de mil millóns de estrelas.
Esta exposición, complementa a outra que se pode visitar ata o 11 de outubro no Concello de Forcarei que leva por nome 400 lúas emocionadas do catedrático de Escultura da Facultade de Belas Artes da Coruña Juan Fernando de la Iglesia.