Como recuperar o meu contrasinal

Podemos recuperar o contrasinal esquecido desde a pantalla de acceso á Aula Virtual:

Para restablecer o contrasinal, teremos que introducir o noso nome de usuario ou o correo electrónico que usamos para rexistrarnos.

Se estes datos se atopan na base de datos, enviarásenos un correo cunha ligazón que nos permitirá definir un novo contrasinal. Esta ligazón estará activa por un tempo de 30 minutos por defecto desde que se solicitou o restablecemento do contrasinal.

Unha vez gardadas as modificacións xa poderemos acceder á Aula Virtual co novo contrasinal.

Última modificación: Venres, 27 de Marzo de 2020, 12:58