Sobre @s usuari@s
Aínda que algúns contidos e funcionalidades da aula virtual están dispoñibles para invitad@s (como este curso de axuda), para a maioría de usos terás que identificarte como usuari@.
Rexistro de usuari@
O método máis cómo para rexistrarse como usuari@ da aula virtual é o de autorrexistro usando o correo electrónico. Por motivos de seguridade (protexerse contra o SPAM) este método pode non estar sempre dispoñible.
Se o autorrexistro está activo..
...terás cubrir un formulario aportando a seguinte información mínima:
- Nome de usuari@
- Contrasinal
- Dirección de correo electrónico
- Nome e apelidos
Unha vez cuberto o formulario de rexistro o sistema enviará unha mensaxe para verificar que a dirección de correo electrónico introducida sexa correcta.
Se o autorrexistro non está activo...
...podes enviar un correo electrónico desde a dirección que queres usar para darte de alta, ao administrador da Aula Virtual (admin-moodle@ieschandomonte.edu.es) indicando polo menos o teu nome, apelidos, nome de usuari@ elexido e correo electrónico que queres rexistrar na Aula Virtual (só se é distinto da conta coa que envías o mail). En canto sexa posible recibirás un correo electrónico para completar o rexistro.
Perfil de usuari@
Ademáis do datos básicos de rexistro, no perfil de usuari@ podemos proporcionar información adicional sobre nós (descrición, fotografía, datos de contacto, etc.) así como configurar outras opcións variadas (privacidade do noso correo electrónico, Idioma preferido, etc.)