Skip to Content

Plan Proxecta

Final provincial de bádminton na Universidade Laboral

Ata Ourense desprazáronse catro rapaces do noso IES que quedaran clasificados no campionato zonal de bádminton, para desputar a final provincial. Estiveron toda a xornada matinal do sábado 1 de Xuño, no pavillón da Universidade Laboral, dándolle á raqueta e ao volante, desfrutando moito e facendo un moi bo papel. Noraboa a Noelia Silva, Paula Cabaleiro, Daniel Álvarez e Pablo González de 1º ESO!

 

Sendeirismo no parque municipal

Aproveitando estes fermosos días de (case)verán, fomos a facer uns pequenos roteiros polo parque. Cos alumnos de 1º, 2º e 3º nas súas respectivas horas de Educación Física. Foi unha xornada diferente e entretida, aprendendo os diferentes símbolos de sendeirismo, e facendo deporte de forma suave, pero suamos a pinga gorda!

 

Charla da Cruz Vermella: A cadea de supervivencia

O día 23 de maio, os alumnos/as de bacharelato tiveron a oportunidade de aprender un pouco sobre primeiros auxilios da man de técnic@s da Cruz Vermella do Carballiño. Foi unha sesión moi divertida e práctica, onde puidemos aprender os pasos a seguir ante un accidente: a cadea de supervivencia. Ao ser unha charla eminentemente práctica, quedounos gravado na memoria o protocolo. É un contido moi importante que poderíanos ser moi útil, tanto que seríamos quen de salvar vidas. Case nada! 

 
Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut