Skip to Content

Plan Proxecta

QUE FRÍO VAI!!!!!

PERO QUE FRÍO VAI !!

Esta frase foi a máis repetida nesta mañá do 9 de febreiro de 2015. E de certo non é que fora o día máis frío deste inverno pois se a memoria non nos falla eso xa pasou polo 31 de decembro. O que sí podemos afirmar é que foi o día lectivo de máis frío. De feito hoxe, ás 10 da mañá, onde ainda non dera o sol tiñamos un mantiño branco de xeada ben bonitiña e ben sonora a cada paso que dabamos sobre ela.
No tanque de evaporación o xeo tiña máis dun centímetro de espesor polo que o desincrustar o termómetro de máximas e mínimas e o micrómetro foi misión case que imposible ( houbo que romper o xeo sen esnaquizar os aparellos). Outra cousa que ainda non viramos en case que 10 meses que levamos tomando os datos. foi que a auga do evotranspirador estaba xeada. É unha pena que nas fotos non se aprecie moi ben.
Que nos fai pensar todo isto?:

  • Que a tempertura do aire en algún momento tivo que ser de 0 graos centígrados. De feito a mínima foi de -5,5 a eso das 8:23 da mañá.
  • Que  a temperatura da auga foi de 0 graos e non inferior pois non houbo canxelación total no tanque.

      E sobre todo: que vai moito frío!!.

NUBES Á CARTA

Os alumnos do Ciclo de Electicidade seguindo as indicaciós de Pepe fixeron a instalación  do equipo necesario para  que os alumnos de FPB coa axuda da profesora Sira Valeiras realicen da actividade: "NUBES Á CARTA".

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut