Skip to Content

Educación Física

Comezamos un novo curso e o proxecto deportivo de centro!

Con moitas ganas e ilusión comezamos un novo curso, no que un dos obxectivos será facer máis e mellor actividade física no noso centro. Para elo continuaremos co proxecto deportivo de centro, participando nas competicións escolares con outros centros, en concreto temos pensado participar en campo a través, bádminton e, este ano coma novidade, participaremos en orientación deportiva, para o cal faremos varias prácticas previas aproveitando o noso fermoso parque municipal.

Tamén imos facer ligas nos recreos: de fútbol, bádminton, brilé e o que queirades.

Calquera aportación ao noso proxecto que teña que ver coa saúde e a actividade física será benvida, ide pensando! 

A moverse!!

 

RCP NA AULA

 

Os alumnos de 2º da ESO puideron participar, durante dúas semanas, do programa RCP na aula que pretende formar o maior número de persoas posible na reanimación cardiopulmonar.

Dispuxemos de catro maniquíes e un simulador DESA, cedidos polo CEFORE de Pontevedra, para a realización das nosas prácticas.

Galería de fotos.

CAMPIONATO DE BÁDMINTON. XOGADE 2018.

 

Foi o 11 de abril cando se celebrou a Final Zonal de Bádminton, nas instalacións do IES nº 1 do Carballiño, nas categorías Infantil e cadete tanto feminino como masculino.

Os nosos alumnos/as amosaron un gran entusiasmo na súa primeira participación nesta modalidade deportiva do programa Xogade.

Aquí tendes a ligazón para ver as fotos.

Tamén podedes acceder ás clasificacións neste enlace.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut