Skip to Content

Taboleiro

"NON SEXAS ESE TÍO"

Esta campaña escocesa contra as violencias machistas pon o foco na necesidade de reflexión, reeducación e cambio de actitudes da metade da poboación, isto é, dos homes. Polo de agora, a maioría das campañas de sensibilización veñen centrándose maioritariamente nas mulleres, incidindo na importancia de denunciar ou mesmo de autoprotexerse, deixando de lado á outra parte. Convídovos a botarlle un ollo e reflexionar sobre a necesidade de repensar a forma en que educamos a nenos, nenas e adolescente e dos cambios que debemos pór en marcha para non contribuír coa desigualdade, asimetría de poder e consecuente violencia.

 

Plan anual do dto de orientación

DESAFIANDO A PANDORA

A mitoloxía grega cóntanos que cando Pandora abriu a caixa que lle entregara Zeus, os males espalláronse polo mundo. Hoxe, a expresión abrir a caixa de Pandora significa realizar unha acción en apariencia pequena ou inofensiva pero que pode traer consecuencias castrastóficas. O alumnado de 2º de ESO, convídavos a que abrades as súas caixas para descubir os grandes tesouros que nelas se esconden. Quen se atreve?

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut