Skip to Content

Taboleiro

ALUMNOS RUMBO A EUROPA

Catro alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES. Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño contarán este curso con bolsas da Unión Europea para realizar as súas prácticas de formación en empresas de Italia e Malta, no marco do Programa Erasmus ó que está suscrito dito centro educativo. As prácticas comezan o 9 de abril, e extenderanse ata o vindeiro 17 de xuño, organizadas do seguinte xeito:
• Ana Rita Álvarez Fernández acudirá a PROSPERA EUROPE LIMITED, en La Valletta (Malta).
• María do Pilar Paz Sastre acudirá á empresa BZ. SRL, radicada en Perugia (Italia).
• José Daniel Cibeira Labandeira irá a NEXIA BT ADVISORY LIMITED, en La Valletta (Malta).
• David López Lorenzo fará as prácticas en MIZZI MOTORS, en La Valletta (Malta).
Por outra banda, esta vez ó abeiro  do Programa Leonardo “O CARBALLIÑO EN EUROPA”, cabe destacar que outra alumna do IES. Manuel Chamoso Lamas, matriculada neste caso no Ciclo Medio de Xestión Administrativa, realizará tamén nas datas citadas con anterioridade prácticas no estranxeiro; nesta ocasión trátase de:
• Judit Fernández López, que acudirá a LORINHO CONSERVAS DE CARNE Lda. ubicada en Vila do Conde (Portugal).
Sorte a todos!!!!

VIAXE EDUCATIVA.- CURSO 2012/2013

Os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato comenzan o 15 de maio unha viaxe educativa que lles levará a Salamanca, Segovia e Madrid. Se queres coñener o itinerario fai clic aquí.

Os profesores que irán cos alumnos son Lucía Novelle, Trino Grande Santos e Fernando Pérez Torres.

DATAS PENDENTES 1º DE BACHARELATO

Este é o calendario das recuperacións das materias pendentes de Bacharelato. Pichade aquí

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut