Skip to Content

COÑECE A ESA

Podes conseguir o título de Educación Secundaria no Chamoso, en dous anos. Co título podes:

  • Acceder ó Bacharelato.
  • Acceder á Formación Profesional de Grao Medio.

A ESA ten catro cursos (cuatrimestrais) divididos en dous anos académicos:

 

  • Módulo 1 e módulo 2 (primeiro ano)
  • Módulo 3 e módulo 4 (segundo ano)

Os módulos 1 e 3 comezan en setembro e rematan en febreiro, e os módulos 2 e 4 comezan en febreiro e rematan en xuño.

As materias están agrupadas en tres ámbitos:

- Ámbito de comunicación (Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira)

- Ámbito científico-tecnolóxico (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, TIC...)

- Ámbito social (Xeografía e Historia, Economía, ...)

O horario é de tarde dende as 18:00 h. ás 22:30 h. (de luns a xoves)

Dependendo dos estudos que fixeras, pódense validar módulos ou ámbitos. Por exemplo, se tes o título de Graduado Escolar, poderías acceder ó módulo 3 ou se non pudiches superar a ESO (e tes algunha materia superada) poderías completar a túa formación no Chamoso.

Destinatarios:

  • Alumnado con 18 anos cumpridos (ou cumprilos, polo xeral ata o 31 de decembro, ano natural.)
  • Ser maior de 16 anos e ter un contrato laboral que impida acudir aos centros educativos de réxime ordinario.
  • Alumnado proveniente do exterior, consultar no instituto.

 

Ante calquera dúbida, chámanos ó 988788380 ou escribe ó ies.chamoso.lamas@edu.xunta.gal

                    

 



page | by Dr. Radut