Unha das vantaxes da implantación das novas tecnoloxías é, sen ningunha dúbida, a posibilidade de poder ampliar os métodos de ensino, de comunicación, de avaliación,etc. Una das reflexións que ás veces aparcamos cando nos "relacionamos" cos nosos estudantes (ensino mixto/en liña) é a protección dos seus datos (sobre todo no que se refire aos menores de idade), debemos de cuestionar o tipo de imaxes que publicamos deles, as ferramentas que usamos para comunicarnos con eles ou as súas familias e a forma na que facilitamos o seu acceso contidos ou ferramentas de avaliación.
Nos seguintes apartados podedes atopar unha número de documentos (tanto da Xunta de Galicia como da Axencia Española de Protección de Datos) no que se resolven algunhas das dúbidas que poidan xurdir, en relación coa protección de datos do alumnado.