Psicoloxía
Diagrama de temas
-
Ola a todas. Imos empezar cun novo tema, neste caso os fundamentos biolóxicos da conduta, que se centra nas funcións e organización do sistema nervioso (px 31 a 40). Imos traballar esta información a través dun mapa conceptual seguindo o esquema que xa empregamos para construír o que fixemos sobre os métodos da Psicoloxía científica. Previamente, deberíades ler a información que ven nas tres páxinas anteriores (as primeiras do tema) na que aparecen unhas reflexións sobre a Psicobioloxía na que repasaredes cousas do ano pasado e tamén se fala da relación entre xenética e conduta (lembrade o que traballamos o ano pasado sobre xenética condutual para explicar a nosa esencia ou natureza como seres humanos).
-
Ola a todas e todos. Imos empezar un novo tema, a percepción, no que ides ver que aparecerán bastantes contidos do curso pasado, aínda que ampliados e un pouco máis complexos.
Déixovos aquí un enlace onde aparece o famoso neurocientífico David Eagleman falando dos nosos sentidos. Espero que vos guste.
-
Ola a todos e todas. Imos empezar un novo tema, pertencente xa á segunda avaliación, a aprendizaxe. Para traballar imos empregar un blog sobre as diferentes teorías da aprendizaxe e un artigo académico. O blog é sinxelo e presenta a información estruturada en diferentes teorías da aprendizaxe, coas súas vantaxes, inconvintes e comparacións entre os diferentes enfoques sobre o tema. O texto académico é un complemento que pode axudar a entender mellor algúns conceptos e a afondar noutros.
-
Ola a todas e todos. Imos empezar un novo tema, a memoria. Déixovos aquí un enlace con cousas curiosas sobre a nosa memoria, que "falla" máis do que parece.
https://psicologiaymente.com/inteligencia/como-funciona-memoria-humana
-
Imos empezar un novo tema, no que enlazaremos os novos contidos con contidos que xa vimos no segundo trimestre do curso pasado en Filosofía. O primeiro para refrescarvos a memoria sería o seguinte vídeo, co que traballamos o ano pasado.
https://www.youtube.com/watch?v=TV4nDYqnAEY
-
-
-
-