Se eres unha persoa emprendedora pode interesarche participar neste curso de Marketing Dixital, Social Media e Canva. Trátase dun obradoiro aberto ao público en xeral, sexas ou non membro da nosa comunidade educativa. Podes reservar a túa praza acercándote á secretaría do centro, ou chamando por teléfono ao mesmo (881930002).
Días: 14, 17, 21 e 24 de novembro
Horario: de 16:30 a 19:30 horas
Lugar de celebración: Aula de Emprendemento do IES P. Castro da Uz