Skip to Content

Segundo Trimestre 2022-2023

13/01/2023 CHARLA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

19/01/2023 OBRADOIRO RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Naiara González desde a Asociación Adiante das Pontes, está a desenvolver co alumnado de ESO uns proveitosos e necesarios obradoiros de resolución de conflitos.

24/01/2023 VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO DOMUS

Neste día, os nosos nenos e nenas de 4° de ESO convirtéronse no Museo da Domus da Coruna en pequenos investigadores. Apostamos polo mundo científico, fomentamos novas vocacións!!

    

24-31/01/2023 OBRADOIROS SEXUALIDADE

Desenvolvimos os “OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL” dirixido a todo o alumnado da ESO.

Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes  obxectivos:

·    Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.

·    Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.

·    Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. Foi todo un éxito!!

27/01/2023 CHARLA EMPRENDEDOR

O pasado venres tivemos o privilexio de ter entre nos a Xosé Castro e Carolina García, Presidente e Xerente da Asociación de Empresarios Seara.

Coa a charla organizada desde o Aula de Emprendemento: A HISTORIA EMPRESARIAL DO GRUPO SERVICIO MÓVIL, puidemos coñecer de primeira man e con gran entusiasmo as orixes desta empresa familiar pontesa, referente no fomento da actividade empresarial e de gran relevancia a nivel nacional.

30/01/2023 CELEBRACIÓN DÍA DA NON VIOLENCIA PAZ 2023

Desde os departamentos de Lingua Galega e Dinamización Lingüística, propuxéronnos como actividade a elaboración dun ABECEDARIO PLURILINGÜE da Paz. Aquí tedes unha mostra do resultado!!

 

31/01/2023 VISITA Á FACULATADE DE CIENCIAS DA UDC 

Os nosos nenos e nenas de 4º de ESO, estiveron esta semana nas Xornadas de portas abertas da Facultade de Ciencias na Universidade da Coruña.

Participaron en interesantes obradoiros dos departamentos de Matemáticas, Química e Xeoloxía. Mostraron moito interese tanto nos diversos experimentos propostos como na explicación dos estudos que se están a realizar na Lagoa de Doniños para coñecer a evolución dos ecosistemas e como está afectando ao cambio climático.

13/02/2023 VISITA Á PLANTA SARGADELOS

O noso alumnado de 1º de ESO visitou a planta de SARGADELOS en Sada onde puideron  coñecer o proceso de produción da mesma

Ademais, participaron nun obradoiro no que cada neno e nena deseñou, modelou e decorou unha peza con porcelana gres.  As pezas rematadas quedaron na planta para o seu cocido e secado, e pronto chegarán ao centro ao centro co fin de que cada participante leve a súa pequena obra de arte para  casa. Grazas Rebeca por organizar esta orixinal actividade!! 

15/02/2023 VISITA Á IV FERIA DE ORIENTACIÓN EN FERROL

O  noso alumnado de 4º de ESO, FP Básica e 1º SMR asistiu o pasado mércores as Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol que tiveron lugar no Auditorio de Caranza  e Conservatorio Xan Viaño.

A cita converteuse nun escaparate para dar a coñecer gran parte da oferta formativa á que pode acceder a xuventude,e onde universidades, institutos de FP, a Armada e as escolas de artes e oficios, presentaron a súa oferta formativa a 1.900 estudantes da comarca.

14/02/2023 SAN VALENTÍN NO CASTRO DA UZ

O pasado martes celebramos no noso centro, o día de San Valentín. Dende o Equipo de Dinamización Lingüística dirixido por Natalia Vega  plantexáronse as seguintes actividades:

1-Corazóns de San Valentín: A mocidade puido expresar os seus desexos ou sentimentos nuns corazóns de goma eva que colgaron nas árbores do vestíbulo.

2-Muro da amizade: Con ladrillos nos que escribían mensaxes de amor ou amizade dedicados ás súas amizades, familiares ou profesorado.

3-Test de afinidade, no que o alumnado tivo que realizar un test de 15 preguntas relacionadas cos seus gustos ou preferencias : personaxe famosa preferida, animal que desexaría ser, música, amor, ... Despois fixeron parellas e analizáronse os test de cada parella para saber o grado de afinidade entre eles.

Neste día foi fundamental a colaboración de María Galdo, Alicia Leal e Ana Pena, que xunto con Natalia e María Alvariño fixeron gozar aos nosos nenos e nenas.

                                              

16/02/2023 ALMORZO HEALTHY

Delicioso Almorzo preparado polo alumnado de 3º de ESO en colaboración con Olivia profe de Bioloxía. Empregaron ingredientes variados como froitas, cereais, iogurt, pan, xamón serrano, aguacate..... O seu obxectivo e o fomento da alimentación saudable entre a mocidade. Esta actividade está incluída no programa de innovación educativa EDUSaúde, e no plan proxecta de hábitos de vida saudables.

 

17/02/2023 FESTA DO ENTROIDO

O venres puidemos gozar un ano mais dun ENTROIDO diferente. Festexamos unha das tradicións máis arraigadas na nosa cultura seguindo as instrucións que dende o inicio de semana nos ía dando O Meco:

De luns a xoves debuxos na cara, vestidiños de verde total, con algo na testa e nas mans tocounos levar, e o venres tivemos festa rachada e de personaxe animada pasamos a xornada.

O Concello convidounos a comer freixós, e ANPA Ronsel agasallounos con orellas e bebidas para toda a comunidade educativa.

A maña estivo amenizada polo alumnado de 4º de ESO. Alex Leal e Alex Romero foron uns DJ excepcionais que nos deleitaron con música. Bailamos, cantamos e o pasamos fenomenal!!

 

24/02/2023 EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO

Estas semanas contamos no vestíbulo do noso centro cunha exposición itinerante pertencente á campaña EXXPERIMENTA EN FEMININO titulada As mulleres que nos levaron a Lúa. Está enmarcada dentro das actividades que temos programadas en relación có 8M, Día da Muller.

A exposición, proposta pola Universidade de Vigo,  está composta por 12 pósters nos que se recolle a biografía e os logros daquelas mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a que se puidera viaxar polo espazo. Nela encontramos matemáticas, químicas, enxeñeiras e informáticas que posibilitaron os viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos.

O obxectivo fundamental da exposición é divulgativo e de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.

Conta coas marabillosas imaxes da ilustradora orensana MeliMolita

 

28/02/2023 VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

Seguimos a visitar os Museos Científicos da Coruña.  Neste día tocoulles á rapazada de 3º de ESO coñecer o Planetario e a Sala de Exposicións da Casa das Ciencias.

2/03/2023 VISITA Á LONXA DE FERROL. TI SI QUE ES UN BO PEIXE 

Aquí podedes ver ao noso alumnado de 3º de ESO, hoxe, nunha  visita a Ferrol, que comezou no PORTO, facendo un percorrido para coñecer as embarcacións e as artes de pesca.

Achegámonos ao edificio da LONXA, onde vimos como é o proceso de clasificación, pesado e poxa do peixe e aprendemos a importancia da etiqueta para os produtos da pesca. No mesmo edificio, estaba a pequena DEPURADORA da Confraría, onde observamos o proceso de depuración dos moluscos bivalvos.

Continuamos o noso percorrido ata o MERCADO DA MAGDALENA, onde contemplamos a fachada de “La Pescadería”, edificio de estilo modernista,  obra do arquitecto Rodolfo Ucha que data de 1910. No seu interior atopamos unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos, identificando as especies e falando coas/os praceiras/os para que nos informaran dos prezos, da forma de preparar o peixe e da frescura.

Ao remate entregáronnos a cada participante unha bolsiña con merendas realizadas a base de peixe, a sobremesa e auga.

Esta actividade é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables.

 

2/03/2023 VISITA AO CESGA

Esta semana o noso alumnado dos Ciclos SMR (Sistemas Microinformáticos e Redes), DAW (Desenvolvemento de Aplicacións Web), e FP Básica de Informática, realizou unha interesante visita ao CESGA, Centro de Súper computación de Galicia, en Santiago de Compostela. Trátase do centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Entre as súas instalacións conta có supercomputador Finisterrae, Superordenador Virtual Galego e outros Computadores Aloxados.

Completaron a xornada cunha fermosa visita guiada polo casco antigo da cidade.

            
     

 

8/03/2023 DIA INTERNACIONAL DA MULLER - 8M           

No marco das actividades do 8M, o alumnado de 2º de ESO de Taller de Reciclaxe Artístico, realizou un fermoso proxecto baseado no traballo das ilustradoras Mary Wall e Esther Gómez. Elixiron ilustracións destas artistas, pintáronas e incorporáronlles materiais reciclados que trouxeron da casa.

O resultado foi magnífico!!  Grazas Rebeca por inculcar na rapazada a importancia dos valores, respecto, espírito crítico, creatividade.... 

                  

10/03/2023 OBRADOIROS PREVENCIÓN LUDOPATÍA

Neste día rematamos os Obradoiros DE PREVENCIÓN DE LUDOPATÍA en menores impartidos por Anabel Mosquera. Trátase dunha actividade proposta polo concello das Pontes dentro do programa Espazo en Familia, e estivo dirixida ao alumnado de 2º de ESO e FP Básica. 

16/03/2023 ALMORZO GRECOLATINO

Desde o departamento de Latín, o alumnado de 4º de ESO guiado pola súa titora Ana Belén Puente meteuse na cociña para recrear por un día a actividade DE RE COQUINARIA (Cociña Romana).

Fixeron receitas saudables de orixe romana: Moretum e Tapenade con ingredientes como olivas, queixo, allo, aceite.... 

Todo riquísimo!!!

16/03/2023 VISITA Á EMPRESA PÉREZ RUMBAO

20/03/2023 CHARLA AMTEGA

Dende AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta, tivemos o pracer de contar con Nacho, que impartiu un interesantísimo obradoiro sobre “ A identidade dixital e a configuración segura nas Redes Sociais en menores” ao alumnado de 4º de ESO.

Prestade atención á foto na que podedes ver tres enderezos imprescindibles dos que obter información precisa e útil sobre redes sociais, apps....

22/03/2023 FP INNOVA 2023

Entre os días 22 e 24 de marzo, tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, a V EDICIÓN DO CONGRESO DE INNOVACIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL, FP INNOVA GALICIA 2023.

O Castro da Uz, estivo representado polo Director do centro e a Coordinadora do Emprendemento nunhaxornada na que empresas, institucións e a comunidade educativa fixeron unha reflexión sobre a necesidade de adaptación aos cambiantes requirimentos do mundo produtivo e a influencia das tecnoloxías dixitais e da automatización nos novos perfís profesionais.

Ademais, o alumnado de 4º de ESO, Ciclos Formativos de Automoción e Administración Finanzas e FP Básica de Informática visitou o propio congreso para ver os proxectos de innovación na FP.

Alí puideron coñecer:

-A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 40 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.

-A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

- A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.

Unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional!!

23/03/2023 PROGRAMA DE EMPRESA FAMILIAR

O noso alumnado de 3º de ESO visitou a PLATAFORMA LOXÍSTICA DO SERGAS E A EMPRESA SERVICIO MÓVIL en Negreira. Alí  tivemos o pracer contar coa presenza de Eugenio Rossignoli director técnico de loxística e xestión, e Sandra Blanco da EMPRESA SEVERIANO SERVICIO MÓVIL. Con eles puidemos coñecer de primeira man e con gran entusiasmo as orixes desta empresa familiar pontesa referente no fomento da actividade empresarial.

Dita visita foi posible grazas a  Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF)  en colaboración con Afundación, Obra Social ABANCA, que puxeron en marcha a III Edición do Programa «Empresa Familiar nas aulas», unha iniciativa que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre a xuventude  a través do seu contacto directo co mundo empresarial. 

O que máis nos impactou foi a gran aposta pola tecnoloxía. Coñecemos os mecanismos de almacenamento robotizado que supón un aumento radical da produtividade,os sistemas de picking por voz, que permiten minimizar os erros na localización de mercancías para a súa preparación, os equipos e sistemas de lectura en cada unidade de consumo e as zonas adicadas a produtos refrixerados e a produtos especiais.

Impresionante descubrir todos os recunchos desta plataforma!!

24/03/2023 OBRA DE TEATRO-CINE ALOVI

Neste día o noso alumando de 3º e 4º de ESO, asistiu no Auditorio Cine Alovi á obra de teatro AMANTIS- Selfies, sexting e outras formas de amar(se) da compañía REBORDELOS e proposta pola concellería de cultura do concello das pontes.

É unha comedia dramática que aborda en tono de humor as temáticas da Igualdade, Masculinidades, Adolescencia, Nativ@s dixitais, Brecha xeracional, Identidade…..

AMANTIS conta a historia dun rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A obra de teatro achegounos á adolescencia da chamada Xeración Z de forma entretida e próxima, procurando a identificación co personaxe protagonista e afondando máis alá do que vemos nunha primeira ollada ao asomarnos á realidade adolescente.

Moi entretida!!!!

 

28/03/2023 ESCAPE ROOM

O noso alumnado de 2º SMR e 1º de DAW puxo a proba o seu enxeño e habilidade nun emocionante xogo de ESCAPE ROOM escolar que tivo lugar na biblioteca do centro.

Enfrontáronse a desafiantes enigmas para escapar a tempo evitando así unha explosión.

Foi unha experiencia divertida na que descubriron a importancia do traballo en equipo e a resolución de problemas.

 28/03/2023 OBRADOIROS 8M

O pasado 28 de marzo, tivemos o pracer de  ter no noso centro a Laura Seara Sobrado da man do Concello das Pontes, que no marco da campaña do 8M contra os estereotipos sexistas "Clichés, coidado con tragalos”, impartiu a todos os cursos da ESO unha interesantísima charla-obradoiro.

O obxectivo da mesma foi dotar ao alumnado de recursos para identificar os estereotipos sexistas, base das desigualdades, e combatelos. Estereotipos moi presentes nos medios de comunicación, música, redes sociais, etc.

É fundamental integrar o concepto de igualdade e proporcionar aos e ás adolescentes as ferramentas necesarias para analizar con perspectiva de xénero a publicidade, a música e os estímulos audiovisuais que lles rodean.

Grazas @Laura Seara pola túa entrega na actividade, e ao Concello das Pontes por proporcionar e subvencionar tan proveitosa proposta.

                                      

 

 



page | by Dr. Radut