21/12/2020 CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Xa temos veredicto do tradicional concurso de postais de Nadal no instituto. O xurado, formado por dous profesores acordou os seguintes premios:
Primeiro premio: Celia Alvariño - 3º ESO
Premio especial á postal en idioma: María Permuy -3º ESO
16/12/2020 CHARLA: "A SITUACIÓN DO LOBO EN GALICIA"
Ramsés de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica en Galicia) ofreceu unha charla para 1º de ESO, sobre a situación e a conflictividade do lobo en Galicia, que desminte determenados supostos e crenzas falsas.
No vindeiro trimestre relizaremos a saída para visitar o foso do lobo que tiñamos prevista
25/11/2020 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Educar hoxe en Igualdade, é a garantía de convivir mañá sen prexuicios. NON máis violencia.
A violencia de xénero segue a ser noticia a pesar de que a pandemia ocupa case todo o tempo nos medios de comunicación.
É un problema que debemos traballar dende a infancia e que afecta a todos e todas, adultos, mocidade, infancia.
Dende o Club de Lectura estivemos a reflexionar sobre o que implica, o que nos suxire, os sentimentos que nos provoca, o que temos que facer para avanzar cara a unha sociedade libre de violencia.
Aquí tedes unha mostra destas reflexións en forma de pegadas.
24/11/2020 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2020
Desde o 24 de novembro ao 9 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2021 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar.
Anímate, podes presentar dúas fotografias!!
A temática das fotografías será: "LIXO-NATUREZA". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade o reflexo do impacto que o lixo está a facer na natureza e a calidade artística da fotografía. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, profesores e PND.
mais información pinchando aquí
VEREDICTO DO XURADO
Os xurados (un composto por dúas profesoras e dous profesores para elixir as mellores fotos de alumnos/as e outro formado por dous alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:
1º Posto - Fotos de Alumnos/as: Lucía Cebreiro Gíz 1º ESO - Contaxiando o Lago
2º Posto- Fotos de Alumnos/as: Celia Alvariño Sierra. 3º ESO - Afeando a Natureza
3º Posto- Fotos de Alumnos/as: María Permuy Gómez. 3º ESO - Aínda estou aquí
1º posto - Fotos de Profesores/PND: Elena Hernández Ros
2º posto - Fotos de Profesores/PND: Ana B. Veloso Rodríguez
3º posto - Fotos de Profesores/PND: Patricia Valdivieso
23/11/2020 ROTERIO POLAS FRAGAS DO EUME: "DESCUBRINDO TESOUROS E MAXIA"
Neste día, o noso alumnado de 3º de ESO, participou nunha proveitosa saída ao Parque Natural das Fragas do Eume proposta polos Departamento de Xeografía e Historia e Bioloxía, e organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Neste espazo puideron realizar dúas atractivas actividades, pertencentes ao programa de Educación Ambiental “Para unha transición ecolóxica”:
Comezaron a xornada cun Roteiro “descubrindo tesouros e maxia” polo interior do Parque Natural das Fragas do Eume, iniciando a andaina na segunda ponte colgante e seguindo a ruta “dos Encomendeiros” co fin de descubrir os valores do patrimonio natural e cultural deste espazo protexido.
Para rematar a ruta visitaron o Mosteiro de Caaveiro, dende onde puideron admirar unha vista xeral do val deste Parque Natural e coñeceron os seus valores históricos e culturais.
12/11/2020 CHARLA: PROGRAMA EDUCATIVO POR UNHA TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Ángel Prieto Soto, do Área de Educación e Divulgación Ambiental estivo no noso centro co alumnado de 3º de ESO nunha charla previa á saída Ás Fragas do Eume o día 23 de novembro. Os obxectivos desta interesante charla foron:
✓ Dar a coñecer os valores naturais e culturais dos nosos parques naturais para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.
✓ Analizar as problemáticas ambientais do medio natural galego, a súa causalidade, efectos e axentes involucrados, entendendo a súa complexidade.
✓ Concienciar ao alumnado dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e en concreto no parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo.
✓ Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio máis respectuosa e sostible.
10/11/2020 E 12/11/2020 INSPECCIÓN MEDIOAMBIENTAL RÍO MADALENA
Nesta semana, o noso alumnado de 2º e 3º de ESO participou (en datas diferentes) nunha saída didáctica organizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) e enmarcada no "Proxecto Ríos", financiada por Augas de Galicia. Os nenos e nenas realizaron unha INSPECCIÓN MEDIOAMBIENTAL DO RÍO MADALENA AO SEU PASO POR VILALBA, co fin de coñecer a súa situación e realizar un informe do estado de saúde do mesmo.
Puideron gozar dunha xornada ao aire libre na que analizaron a flora e fauna do río (aprenderon a distinguir un montón de invertebrados, peixes, anfibios, árbores…). Tamén analizaron a temperatura da auga, o seu PH, a concentración de nitratos…
Descubriron que por sorte, neste caso, este río goza de moi boa saúde, pero que terán que seguir participando en actividades coma esta para descubrir ríos que precisan da nosa axuda.
9/11/2020 OBRA DE TEATRO "MATRIOSKAS"
Neste día, o noso alumnado de ESO e FP Básica puido gozar da obra de teatro MATRIOSKAS. Dirixida por Brais Gutiérrez e producida pola cooperativa galega de artistas Charlatana.
A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.
No espectáculo puidemos ver dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Todas feitas da mesma madeira. Todas vestidas de cores. Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre. Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte.
A dúas voces, a narradora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira uniron verbas e cancións para crear un espectáculode teatro musical que fixo que as emocións dos nenos e nenas aflorasen e viaxasen a través das súas historias.
30/10/2020 FESTA DE SAMAÍN E MAGOSTO
O 30 de Outubro, celebramos no noso centro a Festa do Magosto e Samaín!!!
Foi unha celebración diferente á de anos pasados, posto que tivemos que estar separados por cursos, en tempos e espazos distintos. ¡E POR SOPOSTO, AO AIRE LIBRE!
Deste xeito puidemos cumprir as medidas de seguridade precisas.
Anpa Ronsel convidounos coas tradicionais castañas e algúns refrescos.
Felicitamos ao alumnado pola súa participación nos concursos de cabazas decoradas, cestas de outono e relatos de terror, nos que demostraron a súa orixinalidade e creatividade.
28/10/2020 ALMORZOS SAUDABLES
Retomamos nos recreos os almorzos de xeito saudable. Están enmarcados no Plan Proxecta de Hábitos de Vida saudables e teñen como finalidade acostumar ao alumnado a introducir nas súas dietas diarias alimentos sanos fronte aos industriais.