O Departamento de Informática do IES Castro da Uz require escalar os servizos da súa Intranet, substituir os servidores e migrar a estes os datos e servizos existentes. Nestes momentos o servidor de respaldo quedou inutilizado, quedando so un servidor operativo pero con recursos limitados.
En previsión o departamento adquiriu dous novos servidores enrackables e un rack para levar a cabo a migración de servizos e datos, para garantir a dispoñibilidade dos servizos. Por este motivo, consideramos que a mellor solución para facer todo isto é optar pola virtualización de ambos servidores, co obxectivo de facilitar o mantemento e evitar a dependencia do hardware nun futuro, permitindo ademais unha doada escalabilidade dos sistemas.