Ante a situación de excepcionalidade e para os efectos de lle facilitar ao alumnado a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT), flexibilízanse as condicións xerais do seu desenvolvemento.
Así no seu artigo 2 apartado 1.6 indica : « Nos ciclos de grao medio e de grao profesional básico, substituír a Formación en centros de traballo por unha proposta de actividades asociadas á contorna laboral, segundo o modelo do anexo I. »