Skip to Content

Normalización Lingüística

CALENDARIO 2020

Como cada ano, dende o ENDL, coordinamos a elaboración do calendario do IES Castro Alobre que deseñan as/os alumnas/os. Este ano o lema é "COCIÑANDO O GALEGO" e nel participará, deseñando a portada, o cociñeiro Yayo Daporta.

Animádevos a participar! 

 

MANTEIS PARA A HOSTALARÍA VILARCIÁ

MANTEIS PARA A HOSTALARÍA VILAGARCIÁ

 

Actividade realizada entre o Concello de Vilagarcía de Arousa e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Castro Alobre (ENDL). O alumnado do Instituto elaborou carteis (un deseño gráfico xunto a un  lema ou frase animando a usar o galego) que se converteron en manteis para os bares e restaurantes de Vilagarcía. 

Temos catro modelos diferentes e as autoras son: Carla García Bemposta, Andrea Solla Alfonsín, Xerome Vence Nieto e Lucía Gutiérrez Millán.

O Concello fíxose cargo do custo de edición e o alumnado e profesorado do ENDL  repartirannos polos establecementos hostaleiros da vila o vindeiro día 25 de xuño: as autoras xunto con outros alumn@s explicarán nos locais o obxectivo da actividade e deixarán, de balde, 200 ou 300 manteis.

O obxectivo xeral é fomentar o uso do galego na hostalería local. E ademais:

 

  • Desfacer os prexuízos existentes cara o uso do noso idioma.

  • Facer visible o labor normalizador fora do ámbito escolar.

  • Buscar espazos de traballo en común co Concello.

 

 

Os catro traballos d@s alumn@s:

 

                     

 

 

                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

María Canosa, visita o noso centro!

A escritora e enxeñeira, María Canosa, inagurou a aula que lle adicamos. Deixounos unhas mensaxes escritas e un vídeo. 

     

 

"Cociñando o galego"

O ENDL do IES Castro Alobre organiza, para o vindeiro luns 4 de febreiro ás 11.30 h. no Salón de Actos do Centro e para o alumnado de 4º ESO, unha charla-coloquio co famoso cociñeiro Yayo Daporta.

Día de Rosalía (24 de Febreiro)

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro vai celebrar o día de Rosalía (24 de febreiro) poñendo a disposición da comunidade educativa unhas mochilas de paseo  que levarán unha imaxe deseñada pola alumna Isabel Rodríguez de 1º ESO “C”.

O prezo da mochila é de 1 € . O lema deste ano: #RosaliaTe

Tamén hai outras coa imaxe a toda cor. O prezo destas 4 €.

Como o día 24 coincide coa festa do Entroido, o reparto farase á volta das vacacións.

 

 

Homenaxe a SARAMAGO

CONCURSO: E TI QUE SABES?

00/00/
Array

ESTAS CANCIÓNS QUE CHE PRESENTAMOS ESTÁN INCLUÍDAS NO DISCO O APOLOGHIT DO ALOBRE. ENTRE ELAS ESTÁ O TEMA DO GRUPO QUE TI BUSCAS.

1. A CABRA MACABRA .Festicultores troupe

2. A GRANXA DE ALEXANDRE . Ataque escampe

3. A NOSSA HISTÓRIA . Matraca perversa

4. ÁFRICA Som do galpom

5. BERRA BEN FORTE Zënzar

6. CALAMAR The homens

7. CALINDRA XIDA banda potemkim

8. CAN DE TABERNA A compañía do ruído

9. COBRO EN B Projecto mourente

10. COLLEITAS PARTY Dios ke te crew

11. ESTRANXEIROS Dios ke te crew

12. FOCOTEXO. A compañía do ruído

Historia de Vilagarcía

E ti que sabes?

Uxío Novoneyra

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut