Skip to Content

VISITA A CELANOVA

O pasado xoves o noso alumnado de 3° de ESO visitou a localidade de Celanova, nunha actividade organizada conxuntamente polos Departamentos de Música e Lingua galega. A visita incluía o Mosteiro de San Salvador, a capela mozárabe de San Miguel, a Biblioteca do instituto, a Casa dos Poetas e unha actuación do propio alumnado no interior da Igrexa, acompañado pola profesora Marta Barreiro, no órgano barroco e interpretando, entre outras pezas, os “Carmina Burana” que vos presentamos aquí con dúas fotos da xornada. Noraboa ao noso alumnado e moitas grazas ás profesoras organizadoras e acompañantes.

 

                                       

Contador de visitas



page | by Dr. Radut