Comezamos no IES Castelao a nosa participación na campaña “Aquí tamén se fala galego".
Esta iniciativa, ideada polo IES Rafael Dieste e secundada por máis de 170 centros escolares da Galiza, pretende erradicar a falsa imaxe de que nas cidades non se fala galego.
Para iso o noso estudantado vai exercer de axente dinamizador e actuar de forma directa na contorna, visibilizando o uso da lingua galega nos locais comerciais e hosteleiros.
Hoxe no centro, realizamos a lectura pública do manifesto da área educativa de Vigo con notable éxito, e a partir de aquí comezaremos a actuación no noso barrio, de seguro que igual de exitosa. Puxeron a súa brava voz en nome de toda a comunidade educativa: Jimena (1º ESO C), Nico (2º ESO C), Ruth (3º ESO B) e Gael (4º ESO A).
Estade atentos e atentas á nosa web e as nosas redes sociais. Aquí tamén falamos galego!!!