Rosalía Castro de Murguía, de solteira,Rosalía de Castro, nada en Santiago de compostela o 24 de febreiro de 1837e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal.

O 17 de maio, Día das letras galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares galegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Última modificación: martes, 19 de maio de 2020, 13:09