Skip to Content

Intercambio Liceum Ogólnokształcące z Oddziałami Dwujęzycznymi im. Bolesława Chrobrego w Gryficach -- IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

 

Dentro do programa EduExchanges 15 alumnos do IES Carlos Casares xunto cos profesores José María Pérez e Monse Ulloa e outros 15 alumnos do Liceo LO Chrobry de Gryfice (Polonia) xunto cos profesores Mateus Galecki y Beatríz Fernández (profesora de español en Polonia pero con raíces en Xares) convivirán desde o 9 ao 29 de outubro de 2023.

O alumnado grazas as redes sociais xa se puideron poñer en contacto e coñecer os seus gustos e afecións antes da viaxe.

O alumnado polaco chegará a Viana o 9 de outubro onde permanecerá 10 días, asístirán a clase co seu correspondente, convivirán coas familias de acollida, poderán desfrutar da Festa da Vendima de Punxeiro, coñecerán a nosa contorna visitando o mosteiro das Ermidas, a cántara da Moura. Tamén poderán coñecer Santiago de Compostela con visita guiada ao Pórtico da Gloria e aos tellados da Catedral, tocarán o océano Atlántico na visita a Sada, visitarán a Torre de Hércules e pasearán polo centro de A Coruña e percorrerán parte da muralla de Lugo e coñecerán a Casa dos Mosaicos.

Logo duns días de convivencia viaxaremos todos xuntos cara a Gryfice (Polonia). O alumnado galego integrarase nas clases dos seus compañeiros polacos, convivirán coas familias e poderán coñecer a Tricidade (en polaco Trójmiasto) formada por: Gdansk (fermosa cidade portuaria Patrimonio da Humnaidade onde naceu o sindicato Solidariedade), Gdynia (cidade turística que posúe o peirao de madeira máis longo de Europa, chamado Molo, desde onde se poderá apreciar unha fermosa vista panorámica da bahía de Gdansk) e Sopot (onde visitarán un museo científico interactivo).

 

Nas redes nosas pódese seguir a visita:

Facebook LOChrobry

Instragram da nosa revista dixital @ochoupin

1.Esperando a chegada, 2.Benvida ao noso centro, 3.Primeiro día de intercambio (clases, degustación de cocido no comedor, visita ás Ermidas, Cántara da Moura e Xares), 4.Visita a Chaves, 5 Festa da Vendima de Punxeiro, 6Visita a Santiago de Compostela, 7 Visita a Coruña e Lugo, 8.Actividade deportiva no Centro, 9.Tapeo de despedida, 10Despedida do IES Carlos Casares e viaxe con destino Gryfice,

11.Benvida no LO Chrobry, 12Primeiro día en Gryfiche, 13 Visita a Gdanks, 14Visita a Gdanks(2), 15 Finde coas familias, 16Aprendendo un baile polaco, 17Gdanks y Sopot, 18.Gdanks e algo de ciencia

 VIDEO RESUMO-MEMORIA FINAL



portada | by Dr. Radut