Skip to Content

Información e prazos de admisión de ciclos FP

Nos seguintes documentos poden verse toda a información sobre as instrucción e os prazos de admisión na Formación Profesional 2024-2025:
- Oferta ordinaria
- Oferta modular
- FP dual intensiva
- Cursos de especialización

 

Toda a info sobre a oferta de FP para o curso 2024-25: https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

O Choupin radio (Curso 2023-24)

Entre os produtos finais do proxecto de Polos Creativos comeza a andaina da nosa radio escolar "OChoupín radio"

Xa temos sintonía, podes escoitala no arquivo adxunto (autoras: Anabela, Arancha, Carlota, Nerea e Sara de 1º de Bacharelato).

 

 

01-Podcast: Entrevista José Mª Pérez responsable do Club de Ciencia que fala sobre a XVI Feira das Ciencias (Entrevista: Nerea e Sara; axudantes: Arancha, Anabela e Carlota).

 

 Podcast de alumado de 2º,3º e 4º ESO falando sobre distintos temas (música, fútbol, viaxes...):

02-Podcast: Videoxogo:O dragón dourado (Guille e Mario 2ºESO).

03-Podcast: Equilíbrate (vida saúdable) (Carla e Andrés 2ESO).

04-Podcast: Eurocopa de Alemaña (Diego 2ºESO).

05-Podcast: Entrudio (Ainara Couso, Candela e Ainara Pérez 3ºESO)

06-Podcast: Moi top fútbol  (Óscar e Marc 3ºESO).

07-Podcast: Eurocopa 2024 (Mario e Hugo 3ºESO).

08-Podcast: Música-Tiraeira (Leire e Esteban 3ºESO).

09-Podcast: Promesas fútbol (Mateo, Dennís e Juan 3ºESO).

10-Podcast: Xadrez (David Anta 4ºESO).

11-Podcast: A galega audio-España-Eurocopa 2024 (Mauro, Íker e Óliver 4ºESO).

12-Podcast: Sobre rodas (Martín e Izan 4ºESO).

13-Podcast: Viaxeiras-Burgos 2023 (Fabiola, María e Paula 4ºESO).

14-Podcast: Viaxeiras-Toledo 2024 (Ana e Gemma 4ºESO).

 

NORMATIVA OFICIAL USO DE MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS

Estimada Comunidade Educativa: como saberedes a través dos medios de comunicación, o pasado 4 de xaneiro, a Consellería de Educación ven de publicar a Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41985

 

Polo tanto, e desde esta data, a  normativa  no centro queda supeditada ao indicado en dita Orde, que prohibe taxativamente o seu uso durante toda a xornada académica, (incluíndo recreos, entradas, saídas e tempo de comedor), e en todos os espazos do recinto escolar.

As excepcións que o centro matiza con respecto a esta normativa, e que deberán ser aprobadas nos vindeiros Claustro e Consello Escolar, previsto para o 30 de xaneiro, son as seguintes:

 

a-) O uso con fins pedagóxicos que cada docente permita na súa aula.

b-) O alumnado que así o teña indicado por razóns médicas ou pedagóxicas, e que indicará, previo informe, o departamento de Orientación.

c-) Situacións puntuais de urxencias médicas ou familiares que obriguen a estar conectado a un alumno/a, previa autorización do equipo directivo ou titor/a.

d-) Nas actividades extraescolares e complementarias, permítese o uso educativo para gravar ou tomar fotografías en museos ou visitas, sempre con autorización do profesorado.

Nos intres de lecer, en actividades extraescolares permítese o uso “razoable e proporcional” como ferramenta para rexistrar lembranzas da viaxe, etc. Terase, evidentemente, en conta que ese uso sempre debe respectar as regras básicas de convivencia indicadas nas NOF do centro.

 

As sancións determinadas polo incumprimento desta norma serán as seguintes:

1º incumprimento: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e amoestación escrita.

Seguintes incumprimentos: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e privación do dereito de asistencia ao centro por 1 día.

 

Viana do Bolo, 8 de xaneiro de 2024.

 

O equipo directivo.

 

Intercambio Liceum Ogólnokształcące z Oddziałami Dwujęzycznymi im. Bolesława Chrobrego w Gryficach -- IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

 

Dentro do programa EduExchanges 15 alumnos do IES Carlos Casares xunto cos profesores José María Pérez e Monse Ulloa e outros 15 alumnos do Liceo LO Chrobry de Gryfice (Polonia) xunto cos profesores Mateus Galecki y Beatríz Fernández (profesora de español en Polonia pero con raíces en Xares) convivirán desde o 9 ao 29 de outubro de 2023.

O alumnado grazas as redes sociais xa se puideron poñer en contacto e coñecer os seus gustos e afecións antes da viaxe.

O alumnado polaco chegará a Viana o 9 de outubro onde permanecerá 10 días, asístirán a clase co seu correspondente, convivirán coas familias de acollida, poderán desfrutar da Festa da Vendima de Punxeiro, coñecerán a nosa contorna visitando o mosteiro das Ermidas, a cántara da Moura. Tamén poderán coñecer Santiago de Compostela con visita guiada ao Pórtico da Gloria e aos tellados da Catedral, tocarán o océano Atlántico na visita a Sada, visitarán a Torre de Hércules e pasearán polo centro de A Coruña e percorrerán parte da muralla de Lugo e coñecerán a Casa dos Mosaicos.

Logo duns días de convivencia viaxaremos todos xuntos cara a Gryfice (Polonia). O alumnado galego integrarase nas clases dos seus compañeiros polacos, convivirán coas familias e poderán coñecer a Tricidade (en polaco Trójmiasto) formada por: Gdansk (fermosa cidade portuaria Patrimonio da Humnaidade onde naceu o sindicato Solidariedade), Gdynia (cidade turística que posúe o peirao de madeira máis longo de Europa, chamado Molo, desde onde se poderá apreciar unha fermosa vista panorámica da bahía de Gdansk) e Sopot (onde visitarán un museo científico interactivo).

 

Nas redes nosas pódese seguir a visita:

Facebook LOChrobry

Instragram da nosa revista dixital @ochoupin

1.Esperando a chegada, 2.Benvida ao noso centro, 3.Primeiro día de intercambio (clases, degustación de cocido no comedor, visita ás Ermidas, Cántara da Moura e Xares), 4.Visita a Chaves, 5 Festa da Vendima de Punxeiro, 6Visita a Santiago de Compostela, 7 Visita a Coruña e Lugo, 8.Actividade deportiva no Centro, 9.Tapeo de despedida, 10Despedida do IES Carlos Casares e viaxe con destino Gryfice,

11.Benvida no LO Chrobry, 12Primeiro día en Gryfiche, 13 Visita a Gdanks, 14Visita a Gdanks(2), 15 Finde coas familias, 16Aprendendo un baile polaco, 17Gdanks y Sopot, 18.Gdanks e algo de ciencia

 VIDEO RESUMO-MEMORIA FINAL

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Rematado o prazo ordinario de admisión para o curso 2023-24, TODOS os solicitantes obteñen praza no noso centro.

 

O equipo directivo

FIN DA OBLIGATORIEDADE DO USO DE MÁSCARAS NO TRANSPORTE PÚBLICO

Seguindo a lexislación indicada polo BOE do 8 de febreiro de 2023, remata a obrigatoriedade de uso de máscaras no transporte público, polo que esa decisión será tomada de xeito libre e voluntario polo noso alumnado, que deixa atrás así, a última das restriccións da pandemia. A actitude de todas elas e eles durante estes longuísimos 3 anos foi exemplar.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR Curso 2022-23

PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO

Todo o alumnado do IES Carlos Casares que no vindeiro curso 2022/23 se matricule en 4º da ESO, Bacharelato ou ciclos de formación profesional pode solicitar formar parte do programa que se xestionará dende o centro no vindeiro curso, referente ás probas de nivel lingüístico ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf

Todo o alumnado interesado, pode solicitar e asinar no IES Carlos Casares o compromiso de participación ata o 12 de xullo, incluído, ou obter información adicional no 988788594.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut