O día 1 de marzo comeza o prazo de admisión de alumnado para o curso 22/23. Na seguinte ligazón accédese á aplicación na que se pode atopar a información. As solicitudes poden presentarse de xeito telemático ou no centro. A previsión de vacantes atópase no documento adxunto.
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
As vacantes previstas para o curso 2022-2023 para o noso centro son as seguintes:
Xa están convocadas as becas do Ministerio de Educación para alumnado de bacharelato e con necesidades educativas especiais. Toda a información está no seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2021/08/20210802-convocatoriabecasyayudas.html
Estimadas familias:
O xoves 4 de febreiro de 2021, dende as 18 horas ata as 20 aproximadamente celebrarase on line, a través da plataforma Cisco Webex, unha charla a cargo de Raquel Pedrouso, facilitadora de procesos de aprendizaxe e Coaching executiva e de equipos. Falará sobre por que desenvolver a Intelixencia Emocional nas familias, sobre as emocións básicas e a identificación, regulación e expresión emocional. Intentará dar tamén as claves para potenciar a saúde e benestar emocional das familias. Esta charla enmárcase no programa Educación Responsable, da Fundación Botín, que se desenvolve no noso centro nos cursos de 1º, 2º e 3º da ESO. As familias deses cursos recibiron por AbalarMobil o enlace para acceder.
Un saúdo.
Estimadas familias:
Cando comezou o curso informámosvos do compromiso deste equipo directivo en facer todo o posible por levar o curso de 1º de bacharelato ao ensino presencial. Hoxe podemos anunciarvos con grande ledicia que a vindeira semana esperamos ter todo preparado para acoller a todo o alumnado de 1º de bacharelato diariamente. As obras para facer aulas máis grandes están en marcha neste momento e agardamos que a partir do xoves 15 de outubro todo o alumnado deste curso volva ao ensino presencial.
Moitísimas grazas pola vosa comprensión durante todo este tempo.
Un saúdo do equipo directivo.