Información para trámites administrativos

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

Tagged:  

Comunicamos que para retirar documentación persoal (certificados, títulos …) da secretaría do centro é necesario presentar:

-    Para o alumnado MENOR de idade:

  • DNI do representante legal.
  • Impreso de solicitude (Descargar "Solicitude documentación" dos documentos adxuntos).

-    Para o alumnado MAIOR de idade:

  • DNI do titular.

En caso de querer que o faga outra persoa diferente ó titular, debe presentar:

  • fotocopia do DNI do titular.
  • Autorización firmada polo titular (Descargar "Modelo Representación" dos documentos adxuntos) . 
  • DNI do autorizado/a.

So no caso de certificados poderase facer a través de correo postal:

  • Enviar solicitude asinada en orixinal (Descargar "Solicitude documentación" dos documentos adxuntos) cos datos persoais e académicos ao apartado de correos 3009 en Vigo, código postal 36205.
  • dentro do sobre de envío engadir outro sobre debidamente selado e coa súa dirección como destinatario (á volta de correos enviarémolo dentro dese sobre).
  • fotocopia do DNI do titular.

Se necesita información adicional, pode chamar aos teléfonos da secretaría 886120420 ou 886120421.

O Secretario.