Blogues
PROTOCOLO ABAU 2020
Velaquí o protocolo para a presentación ás ABAU 2020. Lédeas con atención.
RECLAMACIÓNS 2º BACH.
Achegamos documentación para as reclamacións ás cualificacións de 2º bach.
INFORMACIÓN PARA A EXPEDICIÓN DE TÍTULO DE BACHAREL E MATRÍCULA DAS ABAU
No documento adxunto tedes a información para a expedición do título de bacharel e a matrícula das ABAU. Para facer a matrícula das ABAU no instituto, ten que vir o propio alumno/a para asinar os documentos. Como se di nas instrucións, chamarémosvos por teléfono para darvos cita para acudir ao centro.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
No DOG de hoxe, 19 de xuño, saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.
CITA PREVIA
Lembramos que o procedemento de admisión para novo alumnado deberá realizarse, preferentemente, de modo telématico. Este é o enlace correspondente https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
De precisar acodir ao centro para levalo a cabo, pregamos chamen ao teléfono 886120429 para pedir cita previa co obxectivo de evitar ao máximo o contacto entre persoas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »