Estimadas familias:
Despois dun comezo de setembro no que as informacións da Consellería de Educación variaban cada pouco, finalmente confirmousenos que a Educación Secundaria Obrigatoria debía desdobrarse para acadar as distancias de seguridade entre o alumnado que marcan os protocolos (1,5 metros) e que o bacharelato, polo menos ata que cambien as condicións sanitarias, sería semipresencial. O esforzo do claustro do profesorado por preparar o centro para as novas condicións está a ser grande. Tivemos que converter en aulas espazos que normalmente non o son e tivemos que adaptar as aulas que sempre usamos ás novas ratios. Queremos que o noso centro sexa un lugar seguro, e levamos tempo traballando con este obxectivo. Pedímosvos a vosa colaboración, nun ano que se prevé duro, na concienciación dos vosos fillos e fillas por manter as medidas de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. Nós traballaremos con eles neste mesmo sentido.
En breve comunicaremos as horas de presentación do alumnado os días 23, 24 e 25 de setembro.
Unha aperta e moito ánimo neste curso diferente que está a piques de comezar.
O Equipo Directivo
A ANPA do IES Carlos Casares fará a entrega dos libros de texto ao alumnado que os solicitou o luns, 21 de setembro co seguinte horario:
9:00 - 4º ESO
10:00 - 3º ESO
11:00 - 2º ESO
12:00 - 1º ESO. O alumnado de 1º ESO tamén poderá recoller xa, a esta mesma hora, os libros do fondo da Xunta.
A solicitude das becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo está dispoñibles ata o 30 de setembro na seguinte ligazón:
Estimadas familias:
A Consellería de Educación vén de anunciar na súa páxina web o adiamento do comezo de curso para os días 23, 24 e 25 de setembro.
O día 23 fará a súa presentación o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato.
O día 24 presentarase o alumando de 3º ESO e 2º Bacharelato
O día 25 será a quenda de 4º ESO.
O venres 4 de setembro será a entrega de notas de forma presencial. Cada curso recibirá o boletín de cualificacións de parte dos titores e titoras, na entrada no centro.
Horario entrega de notas:
De cara ao exames destes días, informámosvos do protocolo particular que adoptaremos:
1.
Os exames faranse todos no salón de actos.