CONSELLOS PARA A GRAVACIÓN:

SOBRE A MONTAXE:

  • Efecto Kuleshov: á hora de crear unha narración, ten máis importancia a montaxe (orde das imaxes, cortes etc) cás imaxes por si mesmas. O espectador dálle significado aos fragmentos, relaciónaos na mente e crea por si mesmo unha historia. Un exemplo deste efecto é a curtametraxe de Susana Rey, Cousas do Kulechov.
  • Nos documentais téndese a "quitar o que sobra" do material gravado en bruto, mentres que na ficción téndese a "facer peza a peza medrar o barro".
  • O manexo do tempo: na montaxe podemos acelerar unha escena ou enlentecela (por exemplo, que unha persoa tarde máis tempo en responder unha pregunta, xerando incomodidade).
  • Maneiras de conectar planos:
    • mediante conexións temporais: nun plano vese unha man collendo unha botella na man e no seguinte plano vemos como bebe a persoa da botella. 
    • mediante conexións espaciais: primeiro vemos un plano xeral (amplo) e de aí pásase a un primeiro plano.
    • mediante conexións lóxicas: pártese dun plano xeral onde se ve unha casa por fóra a un primeiro plano onde se ve a familia do interior, como acontece na serie Modern Family cada vez que cambian de familia.
    • É interesante ás veces fuxir da sincronía entre son e imaxe: por exemplo, que se oian disparos de fondo mentres na tele están botando un programa de comedia.

O USO DO SON

Última modificación: luns, 1 de abril de 2024, 16:40