Glosario de Contidos e Recursos Dixitais


Este glosario é unha guía práctica con con diferentes categorías para contidos e recursos dixitais para que o alumnado poida coñecer e utilizar diferentes ferramentas dixitais que lles axudarán no seu proceso de aprendizaxe. Este glosario non só organiza os recursos segundo a súa función, senón que tamén proporciona unha breve descrición de cada un para facilitar a súa identificación e uso.

A maioría das ferramentas teñen opcións gratuitas que son suficientes para a maioría dos usos educativos. Algunhas poden requirir subscricións ou pagamentos para acceder a todas as características avanzadas. Recoméndase revisar as páxinas oficiais de cada ferramenta para obter a información máis actualizada sobre prezos e licenzas.

Este glosario está aberto e debe de ser implementado polo alumno/a con alomenos unha entrada en calquera das  categorías con un  recurso dixital ou se fora o caso implementar tamén as categorías. Cada ferramenta debe de mostrar unha descrición da súa funcionalidade principal, tipo de licenza de uso e unha ligazón á súa web de descarga ou utilización, así como unha pequena imaxe do seu logo ou elemento que a identifique.



Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS

A

Adobe Spark

  • Adobe Spark: Ferramenta de deseño gráfico e creación de contidos multimedia. Ten unha versión gratuita con funcións limitadas e opcións de pago para características avanzadas.

Acceso a ADOBE SPARK 


Agueiro

  • Agueiro: Comunidades Educativas Dixitais da Consellería de Educación – Xunta de Galicia.



Acceso a AGUEIRO


AUDACITY

  • AUDACITY: Software de audio gratuíto e multiplataforma. Audacity é un editor e gravador de audio multipista fácil de usar para Windows, macOS, GNU/Linux e outros sistemas operativos. Audacity é un software gratuíto de código aberto.


Acceso á descarga de AUDACITY


B

Bibliotecas Virtuais

  • Bibliotecas Virtuais: A maioría das bibliotecas virtuais públicas, como a "Biblioteca Nacional de España", son gratuitas.


Bibliotecas online que ofrecen acceso a libros gratuitos


C

ClassDojo

  • ClassDojo: Aplicación que permite a xestión de clases e a motivación do alumnado mediante puntos e recompensas. Totalmente gratuito.


Accesos a CLASSDOJO


CoSpaces Edu

  • CoSpaces Edu: Plataforma para crear experiencias interactivas de realidade virtual. Ten unha versión gratuita con funcións limitadas e opcións de pago para características avanzadas.

Acceso a CoSPACES


D

Diigo

  • Diigo: Ferramenta de marcadores sociais que permite gardar, organizar e compartir enlaces en liña. Ten unha versión gratuita con opcións de pago para características avanzadas.



Acceso a extensión DIIGO


Duolingo

  • Duolingo: Plataforma de aprendizaxe de idiomas baseada en xogos. Totalmente gratuito con opcións de pago para características avanzadas (Duolingo Plus).


Acceso a DUOLINGO


E

Edixgal

  • Edixgal: Plataforma de ensino da Consellería de Educación – Xunta de Galicia.



ERIC

  • ERIC (Education Resources Information Center): Base de datos de investigación educativa.


ERIC - Education Resources Information Center




Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS