Islandia declarou o estado de emerxencia

Islandia declara a situación de emerxencia tras numerosos sismos e alerta dunha posible erupción volcánica.

"O país está situado na dorsal do Atlántico medio, a xigantesca cadea de volcáns submarinos que alí forman as placas euroasiática e norteamericana", contextualiza a oceanógrafa e científica Lucía Villar. "Islandia declarou o estado de emerxencia despois de que se produciran 800 terremotos en 14 horas. Segundo as cifras preliminares, o maior tremor tivo unha magnitude de 5,2, ao norte de Grindavik. Ademais, observouse unha acumulación de magma baixo terra a uns cinco quilómetros de profundidade.

Islandia, que se atopa sobre un punto quente volcánico no Atlántico Norte, adoita ter erupcións cada catro ou cinco anos. A máis rechamante dos últimos tempos foi a erupción do volcán Eyjafjallajokull en 2010, que pechou parte do espazo aéreo en Europa" segundo informa Mar Gómez, doutora en Física.

As autoridades islandesas ordenaron a evacuación preventiva da cidade de Gindavík, situada a 50 quilómetros da capital, Reikiavik. "Neste momento, non é posible determinar exactamente se e onde o magma podería chegar á superficie. "Hai indicios de que unha cantidade considerable de magma se está movendo nunha zona que se estende desde Sundhnjúkagígar, no norte, cara a Grindavík", informou o día 10.11.2023 á noite o servizo meteorolóxico de Islandia.