Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

ANPA

 

  

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A VISITA AO XEOPARQUE DAS MONTAÑAS DO CAUREL QUE VAI A REALIZAR O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

ESTA ACTIVIDADE FOI SUBENCIONADA POLA ANPA (MOITAS GRAZAS ANPA)

 

ITINERARIO

7 de novembro 2024

9:00: Saída do centro

11:00:Chegada a Quiroga e aloxamento no albergue.

11:30: Visita do museo Etnográfico 

12:30: Visita Museo Xeolóxico

14:00: Comida (os bocadillos que trouxeron da casa)

15:30: Visita ao tunel romano de Montefurado

18:00: Visita ao centro de interpretación da minería aurífera romana en San Clodio. 

19:00: Remate da actividades do día. Cea no bar que hai en fronte do albergue. Está incluida no prezo da excursión. 

8 de novembro de 2024

8:00: Almorzo no albergue (está incluido no prezo da excursión).

9:00: Saída cara á Seara (recollida do picnic no albergue).

10:00: Actividade Aldea sonora na Fundación Legar. 

11:30: Visita da Fervenza de Vieiros.

13:30: Comida do picnic que nos deu o albergue no alto do Couto.

14:00: Visita da Devesa da Rogueira.

16:30: Regreso a Vigo

18:30-19:00: Chegada ao IES Carlos Casares (Vigo)



DEBEN LEVAR:
Premer no link para ler máis

Procedemento de Elección dos Membros do Consello Escolar dos centros públicos

Reunidos a 28 de outubro de 2024 os compoñentes designados acordan constituír a Xunta Electoral e establecer as datas para a celebración da Elección dos Membros do Consello Escolar dos centros públicos para a renovación de membros.

Así mesmo establécense as datas do calendario para a celebración:

29/10/24Convocatoria das Eleccións ao Consello Escolar e publicación do Censo

29/10 a 5/11/24 ---Período de reclamación do Censo

4 a 11/11/24 -------Presentación de candidaturas

11/11/24 ------------Publicación de candidaturas

11 a 15/11/24 -----Periodo de reclamación de candidaturas

18/11/24 -----------Xornada de eleccións:

  • Eleccións do alumnado: durante a xornada do luns os diferentes grupos sairán das aulas por orde para votar no vestíbulo do centro.

  • Eleccións das familias: de 13:30 a 14:30 e de 18.30 a 19:30 no vestíbulo do centro.

  • Eleccións do profesorado: na hora de recreo na sala de profesores.

  • Eleccións do persoal non docente: na hora de saída do mediodía na secretaría.

18 a 20/11/24 ----Proclamación da listaxe de candidatos.

20/11/24 -----------Remítense os resultados á Xefatura Territorial.

Viaxe 4º ESO a Madrid

 

Tedes toda a información da viaxe a madrid e os pagos: VIAXE A MADRID 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescarloscasares/aulavirtual/mod/folde...

 

Distribuir contido