RECEPCIÓN PROFESORADO SUBSTITUTO
Benvido/a ao IES CAMPO DE SAN ALBERTO.
1. Na documentación anexa atoparás:
-
Ficha de datos persoais.
-
Plano do centro.
-
Diversos protocolos de funcionamento que debes coñecer (dispoñibles na web do centro):
-
Protocolo para a realización das gardas, control de entradas e saídas e uso xeral de espazos.
-
Protocolo de xestión da convivencia no centro e aula de convivencia.
-
Protocolo de control de asistencia e puntualidade do alumnado.
-
Un resumo das principais normas que debe respectar o alumnado, para que poidas transmitirllas e esixirllas.
-
Ademais do anterior, se realizas unha substitución o cargo directivo que te reciba entregarache unha copia do teu horario. Tamén che entregará, se fora o caso, as indicacións de traballo que teña deixado o profesor/a substituído (en caso contrario diríxete ó xefe/a de dto.).
En secretaría entregaranche as chaves que dan acceso ás diferentes aulas do centro.
Busca o armario do profesor/a que substitúes na sala do profesorado, por se deixou nel o libro de clase ou calquera outra información de interese.
2. Se aínda non o fixeches, debes entregar na secretaría a ficha cos teus datos persoais. Tamén deberás dirixirte ó director para asinares a Declaración xurada e para xerar a túa Toma de posesión.
3. Para calquera dúbida sobre as materias, material de aula, etc., deberás dirixirte ó xefe/a de departamento ou, no seu defecto, a algún compañeiro de departamento. En caso de que che falte o libro do alumnado podes dirixirte a secretaría, onde che poden facilitar unhas listaxes dos grupos nos que debes impartir clase.
4. O equipo directivo está composto por Chema (director), Alberto (vicedirector), Claudina (xefa de estudos), Mariela (xefa de estudos de adultos) e Marga (secretaria). Esperamos que a túa estancia entre nós sexa grata, e poñémonos á túa disposición para calquera cousa que precises.
O equipo directivo.
- Protocolo para realización de gardas
- Protocolo de xestión de incidencias
- Protocolo de control de asistencia e puntualidade