Aula Mentor de Noia
O Programa Mentor é unha iniciativa de formación a distancia (e-Learning) para persoas adultas, promovida e avalada polo Ministerio de Educación en colaboración coa Consellería de Educación, e que oferta unha gran variedade de cursos formativos que abarcan numerosos campos profesionais.
A Aula Mentor do IES Campo de San Alberto ofrece a información, a orientación e o soporte tecnolóxico necesario para o desenvolvemento dos cursos.
A matrícula nos cursos ofertados está aberta durante todo o ano (excepto agosto), e a proba presencial final pode realizarse en calquera das 5 convocatorias anuais.
Pódense realizar:
- Cursos individuais: elixidos libremente entre os ofertados dentro de cada familia profesional; dan dereito a unha Certificación do Ministerio de Educación e a Consellería de Educación.
- Itinerarios Formativos: conxunto de varios cursos relacionados (2-5); dan dereito ao recoñecemento dunha Unidade de Competencia, convalidable por un Módulo de Formación Profesional ou un Certificado de Profesionalidade.
- Cursos de Formación do Profesorado: se convocan en xaneiro-febreiro e son válidos para oposicións e sexenios.
- Cursos CISCO: se convocan en datas determinadas, cun período limitado de matrícula, e dan dereito a unha Certificación CISCO, un estándar mundial na industria da Tecnoloxía da Información.
- Cursos en aberto: son gratuítos, sen proba presencial; dase unha certificación simple de asistencia.
Podes consultar todos os cursos e itinerarios formativos ofertados na web Mentor: www.aulamentor.es
Información detallada (formato PDF):
- Catálogo de cursos e itinerarios formativos
- APIs de Blogue