index

factsFEITOS NO CLASICISMO


O Clasicismo é unha corrente estética e intelectual que cobre todos os dominios da arte, desde a arquitectura e a música ata a pintura e a literatura. Expresouse cunha volta cara ás formas clásicas (gregas e romanas) en todas as artes.


Ao mesmo tempo, a Revolución Francesa foi un período de axitación social e política radical en Francia 1789-1799, que tivo un impacto fundamental na historia de Europa e na historia moderna en todo o mundo.

Os artistas trataban de acadar os ideais de igualdade, libertade e fraternidade.

En música, o termo Clasicismo refírese ao estilo musical que domina durante a segunda metade do século XVIII. É o equivalente ao Neoclasicismo do resto das artes.

Austria foi o centro musical de Europa naquela época (Haydn, Mozart e Beethoven viviron alí).
t
A Ilustración foi a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII paralela ao Clasicismo. Tratábase dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa
.

Propoñíanse reformar a sociedade usando a razón e o avance do coñecemento a través do método científico. Promovían o pensamento científico, o escepticismo e o intercambio intelectual.

b
As formas ornamentadas e complexas do Barroco deron paso ao equilibrio formal, claridade e vigor na arte do clasicismo ou neo-clasicismo.

Na música, o novo estilo tamén foi impulsado por cambios na orde económica e na estrutura social. Co século XVIII avanzando houbo o un aumento no gusto do público pola música instrumental e pola ópera cómica.
Iso levou a cambios na forma como a música foi executada, a máis importante foia creación de grupos instrumentais estándar e a redución da importancia do baixo
continuo.

go