music
listen

styleESTILO MUSICAL

CARACTERÍSTICAS XERAIS
As características máis comúns da música barroca son:

- A importancia das voces extremas (soprano e baixo, chamado baixo continuo).
Esta textura chámase melodía acompañada.orchestra

- A presencia obrigatoria do baixo continuo: a liña melódica grave (baixo) estaba escrita coa harmonía das voces superiores. O baixo continuo tocábase cun ou varios instrumentos melódicos graves (chelo, viola da gamba, fagot...) máis un instrumento harmónico que improvisaba acordes (clavicémbalo, laúde, arpa...).

- O desenvolvemento da harmonía tonal.
O movemento das voces melódicas provén da progresión dos acordes do baixo continuo.
O ritmo harmónico era rápido (os acordes cambiaban frecuentemente).

- Ritmo limpo e simple (binario ou ternario), moi uniforme, incluso mecánico.

- O desenvolvemento dunha linguaxe musical específica para instrumentos, diferente da linguaxe musical para voces.

- Naceu a orquestra, dominada porlos instrumentos de corda.music

- Novas formas vocais: ópera, oratorio e cantata.

- Novas formas instrumentais: concerto, sonata e suite.

- Contrastes sonoros (entre coros,entre a mesma familia de instrumentos ou entre solistas e orquestra), materializados no " Estilo Concerto " como oposición á uniformidade das texturas e timbres común no Renacemento.

- Improvisación, tanto en pezas musicais libres como en pezas xa escritas con ornamentación.
go
PERÍODOS E EVOLUCIÓN

1.- Barroco Temperán (1580–1630)

Ó final do século XVI a polifonía imitativa do Renacemento morría e nacían 2 novas formas de composición:
       - Policoralidade:varios grupos vocais ou instrumentais alternábanse soando en lugares diferentes. (Escola Veneciana).
O Estilo Concerto derivou desta policolaridade.
       - Melodía acompañada (ou monodia): o interese musical na voz máis aguda acompañada pola harmonía do baixo continuo (Camerata Florentina).
Neste contexto naceu a ópera.

2.- Barroco Medio (1630–1680)c

O Estilo Concerto e a melodía acompañada estendéronse por toda Europa coa ópera e a música italiana.

3.- Barroco Tardío (1680–1730)

      - Completa adopción da harmonía tonal.
      - Extensión do estilo concerto, aplicándose á ópera e á música instrumental: ritornellos (retrousos), contrastes entre tutti e solo, baixos rítmicos, pasaxes a unísono, homofonía gobernada polo baixo continuo ...

4.- Transición ao Clasicismo (1730–1750)

Houbo moitas tendencias:
   - Estilo Galante (Francia)
   - Opera buffa (Italia)
   - Sonata e sinfonía
   - Estilo Sentimental (Alemania)
Estes estilos foron unha forma de Pre-Clasicismo.
go