m
l

gMÚSICA RELIXIOSA:
CANTO GREGORIANO

 A música relixiosa da Idade Media era música vocal e monódica, xa que a Igrexa non permitía a utilización de instrumentos (considerados pagáns).
Había diferentes liturxias e cancións, destacando o canto Galicano, o Ambrosiano, o Mozárabe e o Bizantino.


CANTO GREGORIANO
g

O Papa Gregorio I
(540-604 DC) decidíu unificar as diferentes escolas e cantos litúrxicos para destruír calquera clase de herexía.
Así, recopilou e arranxou as melodías que os cristiáns levaban séculos cantando, e pronto se convertiu no "canto oficial da Igrexa Romana".



As principais características do Canto Gregoriano son:

Música ligada a un texto relixioso (canto litúrxico)g

Melodías con poucos sons (unha oitava)

Música monódica ou canto a unha soa voz. Unha única melodía cantada por unha ou moitas persoas co mesmo ritmo e altura.

Ritmo libre baseado no texto en latín.

Música cantada por voces masculinas (monxes especializados en canto) e a capella (sen acompañamento instrumental).