O epitafio Seikilos é o exemplo máis antigo dunha composición musical completaen todo o mundo, incluíndo a notación musical.
A música, a melodía, xunto coa letra, na antiga notación musical grega, atopouse gravada nunha lápida.
Na lápida tamén aparece gravado en grego "Εἰκὼν ἡ
λίθος εἰμί.Τίθησί με Σείκιλος ἔνθα μνήμης ἀθανάτου σῆμα πολυχρόνιον",
"Son unha tumba, unha imaxe de pedra. Seikilos púxome aquí, onde estarei sempre en sinal de eterna lembranza".
Existen pequenos fragmentos de notación musical máis antigos, pero o epitafio de Seikilos é a única composición completa.
Enriba da letra aparece unha liña con signos e letras que indican a melodía:
Traducido á notación musical moderna, a melodía sonaría parecida a ista:
A continuación aparece o texto en grego antigo:
Ὅσον ζῇς φαίνου
Hoson zēs phainou
Mentras vivas, brila
μηδὲν ὅλως σὺ λυποῦ
mēden holōs sy lypou
non sufras por nada en absoluto
πρὸς ὀλίγον ἐστὶ τὸ ζῆν
pros oligon esti to zēn
a vida dura pouco
τὸ τέλος ὁ xρόνος ἀπαιτεῖ.
to telos ho chronos apaitei.
e o tempo esixe o seu tributo.
|