|
RAÍCES |
As orixes da música popular remóntanse ao comezo do século XVI, cando os europeos, despois de descubrir América, establécense e colonízana. Para extraer os recursos naturais deste novo mundo, importaron escravos africanos despois de case rematar coa poboación indíxena americana. Ambos, europeos e africanos, chegaron a América coas súas tradicións musicais. Importaron de Europa: bailes de salón, música clásica e marchas militares. De África cancións e danzas tribais. Ao longo dos próximos catro séculos, as tradicións musicais europeas e africanas evolucionaron nas mans de escravos africanos, para crear o século XIX dous tipos de música estadounidense: 1.- EVOLUCIÓN DA MÚSICA EUROPEA
Os afroameriacos, imitando co piano as bandas de marcha e adaptando os ritmos africanos sincopados, crearon o RAGTIME. 2.- EVOLUCIÓN MÚSICA AFRICANA As tradicións musicais africanas, baixo o dominio da cultura europea, resultaron en:
ESPIRITUAL: canción relixiosa.
CANCIÓN DE TRABALLO: cancións que os escravos cantaban mentras traballaban.
BLUES: canción se lamento, que expresaba os seis problemas, acompañada por instrumentos. A inicios do século XX, nos suburbios de Nova Orleans, misturáronse 2 estilos musicais: - os ritmos sincopados do ragtime - as notas, a estructura e o sentimento do blues e como resultado naceu o JAZZ O Jazz é a raíz máis importante da música popular moderna, o "Avó". Escoita algunha música jazz |