index                                                                                                                                                                                                ensembles
family FAMILIAS INSTRUMENTAIS
Unha familia de instrumentos é un grupo de instrumentos que se diferencian no tamaño, no material ou en como son tocados.

As familias máis comunmente recoñecida:

CORDA
VENTO MADEIRA
VENTO METAL
PERCUSIÓN
TECLADOS
ELECTRÓFONOS


FAMILIA DA CORDA
Todos os instrumentos de corda producen o son a través das vibracións de cordas.
Soen clasificarse segundo a técnica coa que a corda vibra: as técnicas máis comúns son fretar ou puntear.
 
  INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA
Violín, viola, violonchelo e contrabaixo son os instrumentos de corda fretada que se empregan na orquestra.
Son fretados cun arco.

bowed
Coñece máis sobre os instrumentos de corda fretada aquí


  INSTRUMENTOS DE CORDA PUNTEADA
  Banjo, guitarra ou arpa son instrumentos de corda punteado cos dedos ou cunha púa.
Os instrumentos que normalmente son fretados tamén poden ser punteados mediante a técnica chamada pizzicato.
plucked
Coñece máis sobre os instrumentos de corda punteada aquí
go

VENTO MADEIRA
  Un instrumento de vento madeira produce o son cando o músico sopra a través dun buraco ou dunha lingüeta, facendo que o aire vibre.
Moitos dos instrumentos desta familia están construídos en madeira, pero tamén poden ser doutros materiais (metal ou incluso plástico)
.
woodwind
Coñece máis sobre os instrumentos de vento madeira aquí
go
VENTO METAL
Os instrumentos de vento metal producen os son facendo vibrar o aire nunha boquilla coa vibración dos beizos do músico.
Están construídos en diferentes metais.
brass
Coñece máis sobre os instrumentos de vento metal aquí
go

FAMILIA DA PERCUSIÓN


Un instrumento de percusión produce o son mediante golpes cunha baqueta, coa man, ou contra outro instrumento similar.
Pénsase que a familia da percusión inclúe os instrumentos máis antigos da humanidade.

Os instrumentos de percusión soen dividirse en 2 clases:
  Instrumentos de altura determinada, que poden producir notas musicais.

Instrumentos de altura indeterminada, que producen sons sen altura identificable.


percussion
Coñece máis sobre os instrumentos de percusión aquí
go
TECLADOS
Un instrumento de teclado tócase usando un conxunto de teclas para dar as notas musicais (teclado musical).
O instrumento de teclado máis común é o piano.
keyboard
Coñece máis sobre os teclados aquí
go
ELECTRÓFONOS
Considéranse electrófonos os instrumentos musicais que producen o son con impulsos eléctricos.
electro
Coñece máis sobre os electrófonos aquí
go