index                                                                                                                                                                                               
                                                    dj QUE É UN/UNHA DJ?


Un/unha disc jockey, máis coñecido como DJ, é a persoa que selecciona  e fai soar música gravada para un público.
A materia prima coa que traballa é o son.

  Hai moitos tipos de DJs:

- O DJ de Radio presenta e pon música que é emitida polas diferentes radios, AM, FM, radios dixitais ou por internet.

- O DJ de disco selecciona e pon música en bares, discotecas, festas ou incluso en estadios.

-  O DJ de Hip-hop selecciona e pon música usando varios pratos xiradiscos (aparello para poñer discos), e tamén poden facer efectos como o scratching  para crear sons percusivos.

- No Reggae (estilo musical desenvolto en Xamaica a finais dos anos 60), o DJ (deejay) é un cantante que rapea, canta ou fala sobre un ritmo pregravado.

- O DJ móbil viaxa con un sistema de son portátil e pon música gravada en moitos eventos.
                                      dj QUE EFECTOS SONOROS FAIS UN/UNHA DJ?

Un Dj utiliza varias técnicas para mesturar música gravada.

A complexidade e a frecuencia dos efectos sonoros depende de onde está traballando o DJ.

O Dj de Radio ten menos oportunidades de centrarse na mestura de músicas que o DJ de Disco, por exemplo.

Algún efectos sonoros básicos para un DJ son:

FADE: un aumento sou descenso gradual no volume doson.
A unha canción gravada pódeselle reducir gradualmente o volume ata chegar ao silencio (fade-out), ou aumentar gradualmente desde o silencio do principio ata o volume normal (fade-in).

Escoita un Fade in

in

Escoita un Fade out

out

REVERB: a persistencia dun son nun espazo concreto afecta ao son orixinal.
Este efecto créase cando se produce un son nun espazo pechado facendo moitos ecos (eco: reflexión do son que chega aos nosos oídos un tempo despois do son directo) para despois decar despacio ao ser o son absorvido polas paredes e o aire.


Escoita un Reverb
reverb
Escoita un Eco

echo

U DJ de Disco para manter a enerxía na pista de baile emprega os seguintes efectos:

BEATMATCHING é unha técnica que ben cambia a altura do son (a altura orixinal do son auméntase ou báixase) ou que cambia  velocidade ou a duración dun son sen afectar á súa altura Isto faise mentras dous discos van soan de forma simultánea.

Escoita o efecto Beatmatch

beat

SCRATCHING: é unha técnica que produce un son característico movendo un disco cara adiante e cara atrás rapidamente no prato xiradiscos. 

Escoita aquí o efecto Scratch

scratch


Existen máis técnicas de DJ, gústaríache coñecelas?     
  go