Esquema de temas
-
-
Neste enlace atopamos as directrices xerais da CIUG respecto ás PAU (normativa, prazos, inscrición, modelos de exames...)
-
-
O recurso principal será o libro de texto:
Xeografía, Saber facer, Ed. Santillana, en galego, 2016, ISBN: 978-84-9972-702-8
Tedes tamén acceso na Aula Virtual ás presentacións dos temas da materia e a diversos recursos (enlaces, mapas, prácticos...).
Recoméndase visitar a páxina do Grupo de Traballo de Xeografía da CIUG, tamén ofrece material específico (tedes os enlaces na carpeta PAU 2025)
-
Esta presentación dixital elaborada polos profesores Fc. Armas Quintá e Carlos Maciá Arce (+) ofrece un reposititorio de recursos dixitais e bibliográficos para aprender Xeografía.
-
-
Describe a paisaxe desta imaxe: características do relevo e dominio lítico ao que corresponde, orixe e evolución xeomorfolóxica da unidade na que a sitúes.
-
Descarga o mapa que xuntamos e enumera correctamente as unidades de relevo (cordais e depresións) e os vales dos ríos que corresponden a cada un dos números indicados
-
Identificade as formas de modelado e os dominios litolóxicos correspontes do relevo que aparece en cada unha destas imaxes
-
Realizarase, finalmente o 14 de marzo de 2024
-
Tema 2. Climas e vexetacións da Península Ibérica e das Canarias (primeira quincena de novembro de 2024)
Propomos prácticas e outros recursos didácticos sobre os elementos e factores dos climas e os dominios climáticos da Península e das illas Canarias.
-
Síntese introdutoria sobre os factores xeográficos e termodinámicos que determinan a climatoloxía da Peninsula Ibérica.
-
Debedes coñecelas e manexar con precisión os conceptos centros de acción, masas de aire, frontes, etc para analizar mapas de situación en superficie ou de altura.
-
Presentación dixital sobre os factores e os elementos que determinan a climatoloxía peninsular e das Illas Canarias.
-
Estas presentacións dixitais serviranche para repasar o aprendido e consolidar os teus coñecementos sobre a climatoloxía da P. Ibérica e das Illas Canarias.
-
Esta presentación dixital explica os factores e elementos que determinan a diversidade climática da P. Ibérica e as características de cada clima.
-
Completa o significado dos conceptos específicos de vexetación requiridos na listaxe da ABAU que ofrece o libro de texto co documento que xuntamos.
-
Recomendase utilizala conxuntamente cos contidos do libro para elaborar unha síntese propia que sirva como instrumento de aprendizaxe.
-
Esta síntese das características básicas das cliseries da Península Ibérica e das I. Canarias serviravos de guión para preparar esta parte do tema e para realizar as prácticas aplicando os modelos recomendados.
-
Máis completa que a ofrecida no libro de texto.
-
Describe e comenta as características do relevo (formas de modelado, materiais, orixe e evolución oroxénica), do clima e da vexetación destas paisaxes naturais.
-
Propomos materiais e recursos para estudar a importancia das augas para a vida humana partindo da análise da rede hidrográfica peninsular e dos múltiples aproveitamentos dela nas sociedades recentes.
-
Tema 4. A paisaxe como resultado da interacción entre a Natureza e as sociedades humanas (2ª quincena de decembro de 2024)
Analizaremos neste tema as tipoloxías das paisaxes, as súas características específicas como resultado da interacción entre a Natureza, que condicionou a evolución das sociedades humanas históricas, e as sociedades actuais que determinan cambios, irreversibles moitas veces, nesas paisaxes naturais. É por iso que estudaremos, na parte final da unidade, as consecuencias ambientais da acción antrópica no mundo actual.
-
Analizaremos neste tema as dinámicas demográficas actuais e os desequilibrios territoriais. Centrando a nosa atención no movemento natural da poboación e nas migracións das últimas décadas.
A análise de taxas demográficas de España e Galicia, o momentario de pirámides de poboación e de gráficas de transición demográfíca son as capacidades básicas que acadaremos realizando os prácticos desta unidade.
-
Ofrecemos recursos para facilitar a aprendixaze dos contidos relativos aos espazos rurais e ao sector primario da economía
-
Destacado
As sínteses dos contidos desenvolvidos neste tema e propostas prácticas, resoltas ou non relativas aos mesmos complementarán aos contidos do libro de texto que será a referencia básica para preparar este 1º tema da 3º avaliación.