Tarefa sobre a cultura castrexa na Idade do Ferro (para relaizar o alumnado que non participe na saída didáctica do 22 de novembro de 2024)
Descarga os contidos deste cartafol no teu equipo. Despois resposta as seguintes cuestións no teu caderno elaborando un informe manuscrito que presentarás cando o requira a persoa docente.
1ª. Describe as actividades económicas e a organización social das comunidades humanas que habitaban os poboados da Idade do Ferro no noroeste da Península Ibérica no I milenio da era común.
2º. Describe as características deses poboados e explica cales eran as razóns polas que se situaban en lugares elevados e adoitaban ter muros defensivos.
3º. Utiliza na túa argumentación os datos que podes consultar nos sitios virtuais dos xacementos musealizados de S. Cibrán de Lás (Ourense), Castrolandín (Cuntis) e, sobre todo, o Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo).