Esquema de temas
-
-
Descarga os contidos deste cartafol no teu equipo. Despois resposta as seguintes cuestións no teu caderno elaborando un informe manuscrito que presentarás cando o requira a persoa docente.
1ª. Describe as actividades económicas e a organización social das comunidades humanas que habitaban os poboados da Idade do Ferro no noroeste da Península Ibérica no I milenio da era común.
2º. Describe as características deses poboados e explica cales eran as razóns polas que se situaban en lugares elevados e adoitaban ter muros defensivos.
3º. Utiliza na túa argumentación os datos que podes consultar nos sitios virtuais dos xacementos musealizados de S. Cibrán de Lás (Ourense), Castrolandín (Cuntis) e, sobre todo, o Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo).
-
-
-
Descarga deste cartafol os mapas físicos (relevo e hidrografía) e políticos de Galicia, da Península Ibérica e de Europa.
-
-
Utiliza a información das imaxes deste cartafol para elaborar unha liña do tempo sobre o proceso de hominización durante a Prehistoria.
Salienta as características morfolóxicas (peso, tamaño do cerebro) e culturais de cada grupo.
-
Analiza a información textual e das imaxes deste cartafol. Despois elabora unha descrición sobre as condicións de vida das comunidades recolectoras e cazadoras durante o Paleolítico.
-
Analiza a información textual e as imaxes que xuntamos e elabora unha descrición escrita sobre o descobremento dos primeiros xacementos con restos das comunidades humanas e a posterior excavación arqueolóxica dos mesmos.
-
Analiza a información textual e as imaxes deste cartafol.
Despois elabora un mapa conceptual indicando as transformacións nas actividades económicas e na organización social da vida das comunidades humanas durante a neolitización posterior ao VIII milenio da era común.
-
Analiza as imaxes que xuntamos neste cartafol. Despois utiliza esa información para describir as actividades económicas que desenvolvían as comunidades nómades e as sedentarias.
Procura elaborar un cadro no que sintetices esas actividades, os obxectivos da mesma, a tecnoloxía que utilizaban e os cambios sociais e culturais que produciron.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta correctamente as preguntas propostas.
-
Descarga no teu equipo os dous informes que xuntamos neste cartafol.
Lee con atención o contido dos mesmos e, despois, resposta as seguintes cuestións:
1ª. Onde se sitúa Cova Eirós e cal é a razón da conservación deses restos arqueolóxicos.
2ª. Que descobrementos relevantes fixeron as sucesivas campañas de excavación nese xacemento sobre a vida das persoas que habitaron ese refuxio:
a) A que grupo do xénero homo pertencían eses indivuduos?
b) En que período habitaron esa cova e como eran as condicións climatolóxicas naquela altura.
c) Que actividades económicas desenvolvían os grupos que habitaron Cova Eirós?
d) Como era a súa organización social?.
-
Descarga no teu equipo a información deste cartafol.
Despois explica por escrito cal foi a importancia do megalitismo nas sociedades do Neolítico respostado, específicamente, ás seguintes cuestións:
1ª. Qu tipos de construcións megalíticas se conservan e que función tiñan nas sociedades neolíticas?.
2ª. Que importancia tiñan esas construcións no territorio que habitaban as comunidades humanas neolitizadas?
3º. Por que se concentran na costa atlántica do Noroeste peninsular?
-
Consulta a información que presentamos no seguinte cartafol.
Despois elabora un informe sintetizando as principais características da denominada cultura castrexa no que atinxe a:
1. Características dos poboados e localización no territorio.
2. Actividades económicas que desenvolvían.
3. Contactos con outras culturas.
4. Organización social desas comunidades humanas.
-
Descarga os contidos deste cartafol no teu equipo. Despois resposta as seguintes cuestións no teu caderno elaborando un informe manuscrito que presentarás cando o requira a persoa docente.
1ª. Describe as actividades económicas e a organización social das comunidades humanas que habitaban os poboados da Idade do Ferro no noroeste da Península Ibérica no I milenio da era común.
2º. Describe as características deses poboados e explica cales eran as razóns polas que se situaban en lugares elevados e adoitaban ter muros defensivos.
3º. Utiliza na túa argumentación os datos que podes consultar nos sitios virtuais dos xacementos musealizados de S. Cibrán de Lás (Ourense), Castrolandín (Cuntis) e, sobre todo, o Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo).
-
O parque da Prehistoria en Taverga (Asturias) ofrece moitas actividades para unha fin de semana coñecendo a vida das comunidades que habitaron o Norte da Península durante as etapas finais do Paleolítico.
-