Iniciar sesión: Acceso

Concurso

  • Unha folla de tamaño A4 identificada mediante o pseudónimo co que se concursa, que inclúa: unha versión en tamaño grande do logotipo impresa en cor. Un CD-ROM co arquivo do logotipo en formato JPG, coa resolución suficiente para poder utilizalo en aplicacións informáticas. O nome do arquivo debe coincidir co pseudónimo co que se concursa, coa extensión jpg separada por un punto. O CD-ROM irá identificado mediante o pseudónimo co que se concursa.
  • Un segundo sobre pechado, de tamaño máis reducido que o anterior, no interior do cal se incluirán o nome, teléfono, e-mail e demais datos persoais do autor e no exterior exclusivamente o pseudónimo co que concursa.
  1. Prazo de presentación: o prazo para presentar os deseños comezará o día 15 de marzo e rematará o 15 de abril de 2016. Durante este período os concursantes deberán entregar os seus traballos na Vicedirección do Centro.

  2. Xurado: o Xurado encargado de valorar as propostas estará formado por:

    • Dous profesores do Centro.
    • Dous membros do equipo directivo do Centro.
    • Un PAS do Centro.
    • Un alumno do Centro elixido por sorteo entre aqueles que soliciten pertencer ao xurado.
  1. Membros do xurado: ningún membro do xurado poderá presentarse como candidato ao premio.