O equipo “Minerales” composto por: Carla Atrio Montes, Dora Ferreira Martínez, Uxía Taboada Pillado, Uxía Campos Lugo e Uxía Ferreiro Fernández foi seleccionado para representar a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, adscrito á Consellería de Economía, Industria e Innovación, e á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A este equipo clasificado en primeiro lugar na Categoría B, ademais de representar a Galicia na fase nacional, concederáselle un premio de 1000 euros.
O equipo “ Sirenas de Mako” composto por María Martínez Fernández, Julia Mella Taboada, Carla Miranda Loureiro, Alejandra Rodríguez Varela e Aroa Vázquez Liñares acadou o terceiro posto na mesma categoría, obtendo un premio de 300 euros.
Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores nun acto oficial que se celebrará o próximo luns 10 de xuño no IES de Cacheiras ás 12.30 no Salón de Actos, contando coa presenza do Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Manuel Heredia Pérez.