Skip to Content

Información de interese

2º BAC 1ª AVALIACIÓN

26/11/2018 17:45
26/11/2018 18:45

O luns 26 de novembro terá lugar a primeira avaliación do alumnado de 2º de BAC

LISTAXE DEFINITIVA DOS LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Nos seguintes enlaces aparecen a relación dos libros de texto de Bacharelato para o vindeiro curso académico. Os libros que non figuren nas diferentes listas non haberá que compralos.

No caso dos libros de 3º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

No caso dos libros de 4º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

Recordar tamén que o IES é centro Edixgal, polo que tanto en 1º da ESO como en 2º da ESO, os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún. Calquera libro que o profesorado destes cursos utilice como apoio será facilitado polo centro.

O alumnado de 1º ESO terá que comprar o libro de actividades de Educación Plástica, xa que nel ser farán os distintos exercicios do curso. No seguinte enlace figura o ISBN de dito libro:

LETRAS GALEGAS 2018

O Día das Letras Galegas de 2018 está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

ARLEN: O NOVO COMIC DE MARIO FRAGA

02/11/2017 12:05
02/11/2017 12:20
Xa está aquí o novo cómic de Mario Fraga, alumno de 1º de BAC, da editorial pasionporloslibros, xa está na biblioteca do nos IES.

 

VENRES 13 DE OUTUBRO DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres 13 de outubro non haberá clases por tratarse dun dos días non lectivos do calendario  escolar 2017-2018 aprobados polo Consello Escolar.

As clases reanudaranse o luns 16 no seu horario habitual.

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nos seguintes enlaces figuran a relación dos libros de texto da ESO e Bacharelato para o vindeiro curso académico. Deberase pasar antes pola administración do centro para que todos aqueles que presentaron a solicitude do fondo solidario na Educación Secundaria Obrigatoria poidan coñecer exactamente os libros que hai que comprar:

Recordar tamén que o IES foi seleccionado como centro Edixgal en 1º da ESO, polo que os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún.

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

Aberto o prazo para matricularse na Ensinanza Secundaria de Adultos: Módulo III (1º cuadrimestre) e Módulo IV (2º cuadrimestre).

Os interesados deberán pasar pola secretaría do centro a partir do venres 1 de setembro.

ANDAINA CABO ORTEGAL

O pasado venres 23 de xuño, celebramos a xa tradicional andaina de fin de curso, dirixíndonos este ano ao faro do Cabo Ortegal.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves 15 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.

O acto iniciouse co discurso da dirección do centro, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios, discurso do alumnado, actuacións e entrega de bandas e diplomas.

Dende o IES Cabo Ortegal queremos recoñecer e destacar a súa labor académica e transmitirlles os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.

 

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

O pasado venres 28 de abril, os mellores alumnos da XXXIV Olimpíada Galega de Química recibiron os seus premios en Santiago, entre eles o alumno do IES Cabo Ortegal Carlos Pernas Fraguela.

Premios

Noraboa, e moita sorte na fase nacional que se celebra o sábado 6 de maio en Madrid!

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

Parabéns ao alumno de 2º de Bacharelato do noso centro, Carlos Pernas Fraguela, que vén de quedar en terceira posición na Olimpíada de Química dentro da provincia da Coruña, e décimo primeiro de toda Galicia, conseguindo así clasificarse para a fase nacional que se celebrará en Madrid o día 6 de maio.

CALENDARIO ABAU DEFINITIVO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario definitivo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade deste curso 2016/2017: CALENDARIO.

Para máis información a cerca da proba recoméndase consultar a páxina da CiUG.

CHARLA REDEIRAS

O pasado 10 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO asistiu a unhas charlas nas que as redeiras de Cariño explicaron aos rapaces o seu traballlo.

Redeiras 1    Redeiras2

FELICES FESTAS!

Os nosos mellores desexos para estas festas e o ano novo que comeza!

Bo Nadal

 

HORARIO E ACTIVIDADES 21 DECEMBRO

O mércores 21 de decembro rematarán as clases polo comezo das vacación de Nadal, reanudándose de novo o luns 9 de xaneiro no seu horario habitual.

Este último día previo ás vacacións (21 de decembro), haberá un horario especial, de 10 a 14 horas, no que se desenvolverán as diferentes actividades:

  • 10:00 horas: Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aulas.
  • 10:30 – 13:30 horas: Festival de Nadal na casa da cultura do Concello.
  • 13:45 – 14:00 horas: Entrega das notas do primeiro trimestre nas aulas correspondentes a cada grupo.
  • 14:00 horas: Fin da xornada escolar e saída dos autobuses.

 

MELLORES EXPEDIENTES DO CURSO 2015-2016

24/10/2016 12:15

O pasado 24 de outubro entregamos os diplomas a os mellores expedientes do curso 2015-16 do noso centro:

1º da ESO: Laura Trinquete Rubido
2º da ESO: Alicia Dorado Santiago
3º da ESO: Mario Fraga Fernandez
4º da ESO: Carla Salgueiro Bereijo
1º de BAC: Carlos Pernas Fraguela

 

NORABOA AOS CINCO PREMIADOS/AS!!!!!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (VOTACIÓNS)

Tal e como figura no calendario electoral referente á renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2016 do IES Cabo Ortegal, os horarios das votacións dos diferentes sectores realizaranse o luns 28 de novembro no seguinte horario:

  • ALUMNADO: Ao longo da mañá a partir das 9:20 horas.
  • PROFESORADO: Ás 14:00 horas.
  • PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: Ás 14:30 horas.
  • NAIS E PAIS:  Entre as 19:00 e as 20:25 horas.

PAU 2016

O IES  CABO ORTEGAL ESTÁ DE NORABOA!

O pasado venres 17 de xuño saíron publicadas as notas da proba de acceso á  universidade e todo o alumnado presentado obtivo a calificación de apto. Moitísimas felicidades a todas e todos!!!

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves, 16 de xuño, celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Cabo Ortegal. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.

O acto estivo composto por: discurso do Director, vídeos recordatorios do alumnado e de dirección, discurso do alumnado, entrega de bandas e diplomas, discurso da titora e actuacións musicais.

gRADUACIÓN

Dende o IES Cabo Ortegal, os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

Axudasle

O luns 28 de marzo publicouse no DOG a Orde pola que se convocan as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras neste ano, destinadas ao alumnado dos centros públicos de Galicia.

Na seguinte ligazón atoparedes toda a información relativa ás mesmas:

ORDE do 14 de marzo de 2016

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, en soporte papel, ou completar en liña o formulario electrónico a través da aplicación dispoñible desde a seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/axudasle/. De optar por unha destas dúas últimas formas, deberase facer rexistro dos anexos e a documentación complementaria necesaria en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 28 de abril.

INICIO DE CURSO

O próximo martes 15 de setembro terán lugar as presentacións dos distintos grupos (ESO, Bacharelato e Ciclos) cos seus respectivos titores/as.

As horas das distintas presentacións serán as seguintes:

  • 12:45 ----- 1º ESO
  • 13:00 ----- 2º ESO
  • 13:15 ----- 3º ESO
  • 13:30 ----- 4º ESO
  • 13:40 ----- 1º e 2º de Bacharelato
  • 16:30 ----- Ciclo 

Haberá transporte escolar para o día das presentacións. A hora de chegada dos buses ao centro será ás 12:40 horas e saída ás 14:05 horas.

O mércores 16 darán comezo as clases no horario lectivo habitual:

  • De 8:30 a 14:00 horas para a ESO e Bacharelato.
  • De 16:50 a 20:25 horas para o Ciclo.

A Educación Secundaria de Adultos dará comezo o martes 22 coa presentación ás 17:00 horas, sendo o mércores 23 o comezo das clases ás 16:50 horas.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016

Hoxe día 1 de setembro saíu publicado no DOG a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Trátase dunha axuda de 50€ para adquirir material escolar, sendo un dos requisitos para poder solicitar a axuda a de ter unha renda per cápita no ano 2013 igual ou inferior a 5400€.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado, sendo o prazo de presentación de solicitudes dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O formulario de solicitude (Anexo I) presentarase preferentemente no centro e pódese obter tanto na administración do IES como na seguinte ligazón: ANEXO I.

Pódese consultar todo o referente á Orde premendo en:

Axudas material escolar (Curso 2015-2016)

PREMIOS AOS MELLORES EXPEDIENTES DO IES CABO ORTEGAL

24/04/2015 12:05

Premios IES

O pasado venres 24 o IES Cabo Ortegal fixo entrega dos premios aos mellores expedientes académicos da ESO e Bacharelato do pasado curso 2013/2014. Os alumnos premiados foron:

  • Premio ao mellor expediente de 1º ESO: Mario Fraga Fernández.
  • Premio ao mellor expediente de 2º ESO: Carla Salgueiro Bereijo.
  • Premio ao mellor expediente de 3º ESO: Carlos Pernas Fraguela.
  • Premio ao mellor expediente de 4º ESO: Miriam Breijo Fachal.
  • Premio ao mellor expediente de 1º BAC: Andrea Fraga Fernández.

Noraboa aos cinco premiados!!!

 

 

 

BECAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2015-2016

O prazo de presentación de solicitudes remata:

  • O 30 de setembro para os niveis NON universitarios.
  • O 15 de outubro para os universitarios.

Na seguinte ligazón podes acceder á información segundo os diferentes tipos e niveis de ensino: INFORMACIÓN.

EXAMES DE SETEMBRO

Na seguinte ligazón pódense consultar os días e horas dos distintos exames de setembro do curso 2014/2015.

DIAS E HORAS EXAMES SETEMBRO.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO (Convocatoria 2015)

Comezo do período de inscrición de probas de acceso para ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 7 ao 20 de abril ambos incluídos.

Pode consultarse toda a información sobre as probas de acceso nesta ligazón: PROBAS ACCESO CICLOS GRAO MEDIO.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (ANO 2015)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015. O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído).

Neste link pódese consultar o cartel informativo: CARTEL.

Toda a información referente a este programa poderá atoparse, así mesmo, na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2015

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015, orde do 17 de febreiro de 2015.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 23 de febreiro e 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.

Máis información no seguinte enlace: PROBAS ACCESO A CICLOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut